Concurso homenaxe a Rosalía de Castro
A Concellería de Cultura, en
coordinación coa Rede Municipal de Bibliotecas, organiza un concurso poético
homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do día da súa figura, o 24 de febrero de
2019.
No concurso pode participar toda a rapazada
alumna de Educación Primaria matriculados nos cursos 4º, 5º e 6º.
+ información: Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" 981 659108 en horario de atención ao público ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.
As bases do concurso son:
1.- Para o alumnado dos colexios de Arteixo que cursen 4o,
5o e 6o de Educación Primaria.
2.- O tema da poesía é libre e a extensión, limitada a un
máximo de 30 versos. O idioma poderá ser galego ou castelán.
3.- Haberá 3 niveis, un por cada curso proposto, con dous
premios en cada un. Darase un premio extra consistente nunha Tablet que será
para o elixido entre os premiados. Os premios serán lotes de libros.
4.- A data máxima de recollida de traballos é o día 14 de febreiro de 2019 na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”.
5.- O xurado estará composto por membros do Club de Lectura
da Biblioteca Central.
6.- A entrega dos premios realizarase o día 23 de febreiro ás 11.30 horas na Biblioteca Central. Ese día acudirán 4 finalistas de cada nivel que declamarán as súas poesías, sendo o xurando que reparta os premios.