Presentan a versión en galego da Convención sobre os Dereitos do Neno
O 20 de novembro conmemórase o 30 Aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno. Con este motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) celebra, xunto á Consellería de Política Social – Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a súa primeira reivindicación deste fito histórico que converteu, ás persoas menores de idade, en suxeitos activos de dereitos.
A POIG está formada por 28 entidades que traballan en Galicia coa misión de defender as necesidades e dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.
O acto central da celebración terá lugar o 20 de novembro, a
partir das 12:00 horas, no Salón de Actos da Xunta de Galicia en San Caetano.
A protagonista deste acto central é a infancia que participou no traballo realizado desde a POIG, acadando propostas de consenso para por enriba da mesa dos que teñen capacidade de xestionalas. Os nenos, nenas e adolescentes de distintos colexios e puntos xeográficos de Galicia, traerán ao goberno galego as súas conclusións.
Programa
11:30 h. Recepción autobuses na explanada de San Caetano
12:00 h. Benvida por parte do Presidente da POIG, Xesús Vilas aos participantes
12:10 h Inicio do Acto, coa participación dos presentadores Alán Álvarez Añon e Uxía Martínez González, alumnos do I.E.S. Arcebispo Xelmírez II.
Interveñen nenos, nenas e adolescentes dos colexios e institutos:
C.P.R. Plurilingüe Jesús Maestro (Ferrol-A Coruña)
C.P.R. Pablo VI - Fátima (A Rúa-Ourense)
C.P.R. Plurilingüe Divina Pastora (Lugo)
C.E.I.P. Plurilingüe Javier Sensat (Vigo-Pontevedra)
I.E.S. Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela-A Coruña)
13:00 h. Presentación da primeira versión completa e actualizada en galego da Convención sobre os Dereitos do Neno (convención e protocolos facultativos)
Presentación a cargo da conselleira de Política Social, Fabiola García.
Por primeira vez, en galego, se publica a Convención e os protocolos facultativos aprobados desde á firma da Convención no ano 1989.
13:15 h. Clausura do Acto a cargo da Conselleira de Política Social, e foto dos asistentes no Salón de Actos.
Más información y entrevistas con Xesús Vilas a través do
correo: secretariatecnica@infanciagalicia.org