Corrupción, deporte olímpico

Porque este país, chamado España, pertece ós menos españois de todos: a malversadores, a defraudadores, a evasores de capital, a xuíces aparentemente impolutos pero corruptos, a Condes que xa non se esconde, a príncipes consorte, ...perdón!, a duques con sorte, (con moita sorte!)...e a outr@s cuxo adxetivo...

.... "ésta España tuya, ésta España vuestra"

Porque este país, chamado España, pertece ós menos españois de todos: a malversadores, a defraudadores, a evasores de capital, a xuíces aparentemente impolutos pero corruptos, a Condes que xa non se esconde, a príncipes consorte, ...perdón!, a duques con sorte, (con moita sorte!)...e a outr@s cuxo adxetivo realmente non quero lembrar.

Antes o deporte nacional era a envexa pero agora xa é a corrupción. A corrupción, o mellor deporte para ter as contas en paraísos fiscais a reventar, e, ademais,  non hai tribunal que llas baleire por enchelas a base de doparse de subvencións e malversacións.

Ai! Se a corrupción foxe un deporte olímpico, cantas medallas de ouro había de gañar España!

Porque non sei se haberá país con mellor equipo de corruptos para mandar as olimpiadas! E a cabeza deles, como non, ondeando o estandarte nacional, Don Iñaki, para orgullo da súa dona, e merecedor, pola súa traxectoria, de tal honor.

E namentras don Iñaki ondea a bandeira de Spain van cantando a unha voz o himno nacional, (polo cal,como non!, deberían cobrar dereitos de autor):

..."ésta España mía, ésta España nuestra"

E a casa real apoiando aos deportistas, coma sempre, sexan do deporte que sexa.

..."Me llena de orgullo y satisfación..."

Carallo, que mediático!

E carallo de país! Que das unha patada no chan e saen máis corruptos que parados.

E que carallo de goberno! Que lle da arrepíos axudar aos parados con calderilla pero non lle da noxo manter a estes que cada vez que meten man levan o xantar de millóns de bocas famentas.

Pero asi é Spain, a de pel de touro...

-Será por iso que está chea de tanta bosta?- pregúntame con sorna a miña avoa.

-Será, será- contéstolle sen mirala, namentres penso como rematar esta carta.

-Pois a ver cando deixa de cagar!

A retranca dela,( graciñas avoa!), doume un remate ao me gusto, aínda que un pouco cheirento:

-Se tivesen que cagar todo o que roubaron non chegan os bosques do  Amazonas para facer papel para que límpen o cu!

Dou fé!

P.D. Os indíxenas deste marabilloso hábitat non deben estar intranquilos por este comentario meu. Prometolles que non se vai a precisar  papel para estes homes probos, pois  é máis doado que o mesmo diaño  entre no reino dos ceos a que a estes españolitos lles entre cagadeira...do roubado.