Corte diurno do tráfico en Sabón hoxe e mañá
A obra na avenida da Deputación, Arteixo, fai necesario un corte de tráfico
A ampliación que está a executar a Xunta na avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, fará necesario un corte diúrno do tráfico esta fin de semana . Comeza esta sábado día 13 ás 8 horas, quedando restablecido o tráfico ás 20 horas. Repetirase durante a xornada de mañá, domingo 14, tratando de evitar así a afección á circulación en días laborables.
Deste xeito, queda restrinxido o tráfico da avenida da Deputación, entre a avenida da Moda e a avenida da Ponte e a avenida da Enerxía. Para facilitar a mobilidade, este corte estará sinalizado con antelación, así como o itinerario alternativo pola estrada AC-552 a través da avenida da Ponte.
Estes peches de circulación son necesarios para avanzar nas obras de ampliación da capacidade e humanización que está acometendo a Xunta de Galicia. Estase a executar o novo colector de pluviais na entrada do acceso á estación de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) pola avenida da Deputación. Tamén a retirada da acometida de gas no punto quilométrico 0+700, que fai necesario invadir o carril e, polo tanto, restrinxir a circulación.