Pacientes nos seus domicilios: 2.576
A data de hoxe hai 2.576 pacientes nos seus domicilios. Como cada día, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa queo número de casos de Covidad-19 en la Comunidad gallega asciende a: 3.476 casos, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.
Neste senso, do total de pacientes positivos: 134 permanecen en UCI; 766 están en unidades de hospitalización; e 2.576 pacientes nos seus domicilios.
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos.
Ademais os ultimos falecementos corresponden a unha muller
de 86 anos, e dous varóns de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo
Hospitalario Universitario de Vigo.
O número de PCR realizadas é de 16.118.
Chegaron a Galicia as primeiras 700.000 máscaras
Xa chegou a Galicia o primeiro envío de máscaras cun total
de 700.000 unidades adquiridas pola Xunta e procedentes de doazóns.
Así, 500.000 desas unidades foron adquiridas pola Xunta de
Galicia; o resto proceden de doazóns: 100.000 de Inditex e outras 100.000 de
Grupo Caamaño.
A partir desta semana prevese que continúen recepcionándose
os envíos dos restantes lotes adquiridos pola Xunta a distintos proveedores.
O material foi entregado polo proveedor na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situado en Negreira, e dende alí é distribuído a toda a comunidade.
A prioridade son os pacientes e hospitais
A consellería de Sanidade procede a distribuír este material
de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e
residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados
coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.