Cultura prepara as actividades do día de Rosalía de Castro
15 de febrero de 2018 (18:39 h.)
O día 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, a concellería de Cultura promove a través da Rede de Bibliotecas do Concello, unha homenaxe a Rosalía no día do seu nacemento.
Os días 21 e 22 de febreiro, alumnos da ESO do Instituto "Manuel Murguía" visitan a Biblioteca Central para participar na representación teatral da vida da poetisa a cargo de Lisístrata.
O sábado 24, no Centro Cívico Cultural, entregaranse os premios do Concurso Poético organizado polas bibliotecas nunha xornda na que darase lectura ao manifesto da AELG (Asociacion de Escritores en Lingua Galega) e renderase homenaxe poético feminino a Rosalía de Castro por Ana Hermida.
O xurado do concurso foi dirixido por Alfredo Ferreiro con compoñentes do Club de Lectura da Biblioteca Central "Henrique Rabuñal".