Curso de perfeccionamento en cestería de colmo
La A A.C.D.G.Tradicional de Arteixo, co fin de recuperar e poñer en valor a cestería que é un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada ao curso de perfeccionamento de cestería de colmo a cargo de Lola Tourón Río.
"Na primeira xornada será o 16 de febreiro, onde revisaremos cales son as silvas mais adecuadas e como procesalas. Avanzaremos a peza e prepararemos os aros e as asas. Na segunda xornada, o 14 de marzo, colocaremos asas e aros, revisaremos os xeitos de rematar e colocaremos os rodos", explican e deixan o enlace do video
Despois do éxito dos obradoiros de cestería do ano pasado, volve o cesteira preferida en febreiro, Lola Tourón Río a facer o curso de perfeccionamento de cestería tradicional de colmo . Reservas o número 649 027767.