A curta "A cara oculta da lúa" reivindica a igualdade
Un grupo de mozas coordinadas por PEstudio publican unha curta colaborativa no programa Iniciativa Xove
Tras semanas de traballo, “A cara oculta da lúa” vió a luz este xoves 14 de outubro na canle de youtube de PEstudio. A participación e cooperación dun grupo de mozas de diferentes idades permitiron súa elaboración. Trátase dun proxecto que pretende poñer de manifesto a evolución do pensamento femenista. O traballo foi posible grazas á colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e ó seu programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude.
A curta mestura a praxe xornalística coa ficción. As mozas responden diante da cámara a unha serie de preguntas provocadoras que buscan activar o seu subsconsciente. A finalidade é expresar o que sinten e pensan con respecto a conductas machistas instaladas nos imaxinarios colectivos da sociedade. Durante os sete minutos de duración prodúcese unha conversa entre as mulleres do pasado (representadas pola figura dunha meiga) e as mulleres actuais. Os cambios na sociedade e o progreso en materia de igualdade continúan a producirse grazas a loita de mulleres comprometidas. Deste xeito, "A cara oculta da lúa" ten como obxectivo estimular ese compromiso e concienciar da importancia de seguir avanzando.
A presentación do filme foi ás 10 horas cunha conversa entre as mozas participantes e a coordinadora da producción e grabación do vídeo, así como a presidenta de PEstudio. Posteriormente, foi o turno da proxección da curtametraxe para os medios de comunicación presentes para rematar cun pequeno coloquio. Para máis información: 644 962757 (Isabel García, Presidenta de PEstudio) / asoc.pestudio@gmail.com