Última actualización datos Covid-19

Galicia se acerca os 6 mil casos
A última actualización desde a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973

A última actualización desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.973: deles 1.271 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 1.187 da de Ourense, 504 da de Pontevedra, 1.077 da área de Vigo, 1.007 da de Santiago, e 337 da de Ferrol.

Ademais na última actualización informan que do total de pacientes positivos, 133 permanecen en UCI, 733 están en unidades de hospitalización e 5.107 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.240 altas de pacientes e 384 falecementos. O número de PCR realizadas é de 48.337.

Última actualización datos centros residenciais de servizos sociais

En canto aos datos proporcionados desde os centros residenciais de servizos sociais as cifras son as seguintes:

  • total número de casos 5.973; 917 usuarios; 384 falecementos
  • dentro do total vinculados con centros residenciais: 418 (profesionais) ; 87 (en residencias); 81 (en hospitais e residencias
    integradas)

Y en total, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,7% do total das persoas residentes. Respecto das 5 persoas falecidas onte en centros residenciais, 1 foi na residencia das Fragas (Pontedeume), 2 na residencia N.S Esperanza (Ourense), 1 na residencia Moledo (Vigo) e 1 na residencia DomusVi Cangas.

Tamén destacar que España pasa a barreira dos 18.000 falecidos, en concreto, 18.056. Hai 172.541 persoas infectadas por Covid-19 e 67.504 pacientes xa recibiron á alta.

O Sergas distribuirá semanalmente máis de 500.000 máscaras aos seus centros sanitarios

O Servizo Galego de Saúde trasladoulle aos profesionais sanitarios unhas indicacións xerais de uso de mascarillas cirúrxicas e equipos de protección respiratoria.

En concreto aconséllase o emprego das mascarillas cirúrxicas cando se atopen en espazos de traballo nos que resulte imposible manter as medidas de distanciamento físico aconselladas (dous metros) durante o tempo que sexa necesario estar nese espazo.

Neste sentido, o emprego das máscaras non será necesario cando estes profesionais estean en espazos comúns nos que o distanciamento pode realizarse sen problemas.

Pero o obxectivo de aconsellar esta medida é de protección aos outros traballadores e non tanto da autoprotección do portador da máscara.

O uso das máscaras debe facerse de maneira correcta, para evitar que un mal uso aumente o risco de transmisión en vez de minimizalo. Os criterios para o emprego da máscara cirúrxica ou do uso dun equipo de protección respiratoria (máscaras FFP2, bata, luvas ou protección ocular) realizarase en función do tipo de exposición e a situación na que se atopa o profesional.