Día Internacional da Danza en Arteixo
Cada ano desde 1982 celébrase o Día Internacional da Danza o 29 de abril.
Cada ano desde 1982 celébrase o Día Internacional da Danza o 29 de abril, en recordo do nacemento de Jean-Georges Noverre, creador do ballet moderno.
Por este motivo, dende a Concellaría de Cultura quere render homenaxe a esta arte escénica cunha proposta cultural que pretende achegar a danza contemporánea a todo tipo de públicos. Será este venres 28 de abril ás 20:30 h no Auditorio do CCC de Arteixo.
The Great Greta é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo para levar á escena unha oda á xente rara, que sae dos estereotipos existentes na sociedade actual. As situacións absurdas, a música, os obxectos especialmente coidados da escenografía e unha protagonista peculiar, farán que as aventuras de "The Great Greta" sorprendan a toda clase de público.