Datos do Coronavirus no Día Mundial da Saúde
O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Hoxe, a Dirección Xeral de Saúde Pública comunica que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.435. Deles, 1.117 son da área da Coruña; 563 da de Lugo; 999 da de Ourense; 466 da de Pontevedra; 1.094 da área de Vigo; 884 da de Santiago; e 312 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 688 altas de pacientes e 208 falecementos. O número de PCR realizadas é de 32.146.
Ademais a consellería de Sanidade recorda, no Día Mundial da Saúde, o uso do 061 para casos graves e emerxencias, e o 900 400 116 para dúbidas.
Plataforma de teleasistencia TELEA
A Plataforma de teleasistencia TELEA do Servizo Galego de
Saúde, permite facer seguimento sanitario dun total de 1.700 pacientes que
resultaron positivos por coronavirus e que permanecen no seu domicilio.
Desta forma, son telemonitorizados polos profesionais
sanitarios quen teñen información directa en todo momento dos posibles cambios
na evolución da súa enfermidade.
O perfil destes pacietes é de persoas con resultados
positivos por COVI-19 con sintomatoloxía leve ou dados de alta hospitalaria.
A telemonitorización a través de TELEA permite a intercomunicación entre os profesionais sanitarios e a persoa que se encontra illada no domicilio.
Control de TELEA
Así, os pacientes controlados con este perfil de TELEA
Paciente en illamento domiciliario COVID-19, teñen acceso a mensaxería co
sanitario responsable do seguimento do protocolo, tras a cal o profesional sanitario
pode respostar por mensaxe ou poñerse en contacto telefónico en calquera momento
que detecten unha alteración clínica ou necesidade de cambios nos seu coidados.
Así, cada 8 horas a persoa debe rexistrar as variables de
temperatura e saturación de osíxeno, así como unha enquisa da funcionalidade
respiratoria e que permite avaliar o estado de saúde da persoa.