Covid-19 Galicia: 885 casos infectados
Última hora: Galicia suma 885 casos infectados por el Covid-19.
Hoxe domingo 22 de marzo, a Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informa: na última actualización o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 885:
226 son da área da
Coruña, 58 da de Lugo, 95 da de Ourense, 136 da de Pontevedra, 212 da área de
Vigo, 130 da de Santiago, e 28 da de Ferrol.
Ademais do total de pacientes positivos, 33 permanecen en
UCI, 227 están en unidades de hospitalización e 625 no domicilio.
Polo de agora, en Galicia rexistráronse 16 altas de pacientes
e 14 falecementos.
Os dous últimos falecidos foron un varón de 81 anos que estaba
ingresado no CHUAC e unha muller de 77 anos ingresada no Hospital Juan Cardona de
Ferrol. Os dous tiñan patoloxías previas.
O número de PCR por Covid-19 realizadas é de 5.052.
Mentras a Xunta de Galicia mantense á espera de recibir o material de protección frente al Covid-19 que anunciara o Ministerio para poder comezar a distribuílo con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias.
O día 19 de marzo, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, xa lle trasladou ao ministro a inquedanza pola falta deste material que é necesario para continuar facendo fronte á epidemia do coronavirus.
Desde a promulgación do RD 463/2020 polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria, é o Goberno central o encargado de centralizar os stocks de produtos sanitarios.
Desde o Sergas, e tamén na Conferencia de presidentes autonómicos, tense reiterado a necesidade de contar co material necesario en todo os centros.