Efectivos de protección civil da provincia da coruña fórmanse en materia de tráfico
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, inauguraron esta mañá unha xornada de formación destinada aos efectivos de Protección Civil da provincia.
A
actividade formativa, que conta coa colaboración da Garda Civil de
Tráfico, tivo como obxectivo abordar asuntos como o protocolo de
auxilio en estrada, as boas prácticas na atención sanitaria
inicial, o Plan de nevadas do sector de tráfico da Garda Civil de
Galicia e unha breve reseña da normativa legal.
Tamén
abordaron o concepto de seguridade viaria, o comportamento en caso de
accidente e as medidas a tomar, ou os riscos laborais dos equipos de
intervención.
Participaron
na actividade efectivos das Asociacións de Voluntarios de Protección
Civil (AVPC) de Cambre, Ames, Carballo, Miño, As Pontes, A Coruña,
Ordes, Bergondo, Boqueixón, Santiago de Compostela, Neda, Corcubión,
Valdoviño, Ferrol, Muxía, Vilasantar, A Laracha, Pontedeume,
Oleiros e Culleredo.