Outes transforma o Punto de Atención á Infancia nunha escola infantil
Unha axuda da Xunta lle permite a Outes ampliar o Punto de Atención á Infancia.
Así, unha axuda da Xunta de Galicia lle permite ao Concello de Outes ampliar o Punto de Atención á Infancia e transformalo nunha escola infantil.
Ademais a Xunta concede ao Concello de Outes 62.000 euros para a creación dunha escola municipal de 30 prazas. As novas instalacións se situarán no edificio do antigo CEIP Emilio de Navasqües. Engadir que á atención educativa será gratuíta para todos os pais polo financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.
Tamén a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, durante unha visita as obras, concretou que esta actuación suporá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) que se converte así nunha escola infantil.
Dicir que aclarou que esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos.
En este sentido, Fabiola García sinalou que "Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación".