Unanimidade plenaria para erradicar especie invasora en Arteixo
Os socialista aseguraron no Pleno de hoxe que a especie coñecida como "plumacho" se extienden por todo el termo municipal
Desde el grupo socialista de Arteixo, afirman que a especie conocida como "plumacho" da Pampa está estendida por todo o termo municipal. Pero o problema, explican, resulta especialmente preocupante en zonas como Suevos ou o polígono de Morás. Engaden que "a proliferación de plantas como a herba da Pampa ou a unlla de gato, así como o crecemento das colonias de cangrexos e sapoconchos americanos supoñen unha ameaza para os ecosistemas autóctonos".
Por iso, o Psoe local presentou unha moción no pleno de hoxe que foi aprobada por unanimidade. A intención é elaborar e executar un plan de acción contra especies invasoras. Non só contra a herba da Pampa, senón contra todas as especies vexetais e animais foráneas que proliferan polo territorio. "A unlla de gato, a pesar das campañas de voluntariado ambiental dos últimos anos, segue gañando terreo nas praias de Arteixo. Ademáis, no encoro de Meicende non deixaron de medrar as colonias de cangrexos e sapoconchos americanos", aseguran.
"Colaboración da cidadanía"
Pola súa parte, a concelleira socialista Susana Lebón defende a necesidade de “buscar a implicación e a colaboración da cidadanía para erradicar estas especies tan daniñas”. Solicítalle ao goberno municipal un plan de acción que contemple “a realización de campaña de concienciación e formación sobre os distintos métodos para identificalas e erradicalas”, así como un maior apoio ao voluntariado e ás entidades ecoloxistas existentes no concello. Reclama, ademais, a publicación na páxina web do Concello das actuacións que se realicen desde a Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural para protexer a flora e a fauna locais.