VI Encontro de experiencias "Arteixo Innovación"
Especialistas en educación e innovación intercambiarán ideas durante dous días en Arteixo.
O concello de Arteixo organiza o VI encontro de experiencias Arteixo Innovación que terá lugar os días 12 e 13 de abril a partir das 16.45 horas nas instalacións do Centro Arteixo Innovación sito no polígono de Sabón.
O proxecto Arteixo Innovación é un proxecto da concellaría de Educación de Arteixo que engloba distintas actuacións relacionadas co uso das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) no eido educativo como garantes de acceso universal á educación, a igualdade na instrución, o ensino e a aprendizaxe de calidade, a formación de docentes e á xestión e dirección máis eficientes nas contornas educativas.
A través de Arteixo Innovación, o concello dota con axudas económicas os centros educativos do municipio para que desenvolvan os seus propios proxectos de innovación, e unha vez o ano pon en relación a estes mismos centros educativos con entidades privadas e administracións públicas nos encontros Arteixo Innovación. Estas xornadas consisten nun intercambio de experiencias nun entorno TIC, partindo do ámbito educativo para o seu enlace co ámbito do emprendemento e a actividade empresarial e profesional. O ecosistema que sirve de nexo é a innovación aplicada a un “entorno maker” .
Partindo desta filosofía, presentaranse distintos proxectos desenvolvidos nos centros educativos do termo municipal nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para dar a coñecer o seu traballo e compartir aprendizaxes e, asemade, fomentar as vocacións, a innovación e a co-creación.
Obxectivo das xornadas
O obxectivo destas xornadas é o progreso educativo estimulando a innovación e a creatividade nos centros, todo iso mediante a promoción de proxectos TIC e a colaboración entre os diferentes actores locais. Para iso preténdese reunir á Administración Pública, aos centros educativos, profesionais, familias e ao sector empresarial para dar impulso a estas dinámicas tan necesarias para o día de hoxe, pero aínda máis se cabe para o de mañá. A colaboración e o intercambio de experiencia entre as partes interesadas da sociedade civil e o sector socioeconómico permitirá ofrecer novos espazos para o desenvolvemento de proxectos innovadores e implementar novas estratexias educativas.
Con este obxectivo participarán entidades coma o Clúster TIC, Estrella Galicia, Repsol, a Asociación de empresarios de Sabón, Emalcsa e a Universidade da Coruña.
Co gallo de ofrecer unha visión diversa do que significa a innovación, estes encontros contan con relatores de recoñecido prestixio que compartirán as súas experiencias no ámbito educativo, na Administración Pública e no ámbito empresarial. Neste último caso, a forma na que se aplica a filosofía "maker" e a innovación na mellora continua e o traballo colaborativo, aproveitando para facer unha aproximación ás necesidades do eido profesional e os espazos de contacto ca sociedade, especialmente no tocante ó emprendemento e a dinamización do ecosistema innovador.
Para poder asistir, deberán achegar o impreso correspondente de inscrición mediante mail a:
As prazas son limitadas ata completar aforo.
Dentro da mesma liña, os días 13 e 27 de maio vanse levar a cabo nas instalacións do Balneario de Arteixo talleres tecnolóxicos para nenos, pais, e educadores.