Raquel Gestal Zas, fotógrafa e bailarina, expone "Muller e danza" en Arteixo
Para conmemorar o "Día Internacional da Danza", Raquel Gestal expone ata a 19 de maio en Arteixo
Ata o 19 de maio estará aberta ao público no Centro Cívico Cultural de Arteixo unha mostra de fotografía de Raquel Gestal Zas. Segundo palabras da autora, tamén bailarina, "pretende ser unha emotiva homenaxe á muller bailarina, a que nos causa admiración e nos arranca aplausos". Trátase dun percorrido a través de diversas danzas, mostrando a súa vestimenta e algúns dos movementos que as caracterizan. Con cada fotografía a autora logrou capturar un instante da maxia. Tamén, mostrar a esencia de cada unha delas e transmitir o amor que lles une a danza.
Raquel Gestal Zas dedicou os últimos quince anos ao baile deportivo concretamente os latinos e o standard. Esta apasionada da danza escolleu o vermello para o fondo das súas fotografías. A intención é "emular o sangue que discorre polas nosas venas, sendo o color da pasión e tamén da ledicia nalgunhas culturas orientais", asegura. Escolleu dúas imaxes de cada bailarina: unha de corpo enteiro e outra en primeiro plano, mirando a cámara.
As danzas recollidas na exposición son baile deportivo, baile standard, flamenco, danza kathak e tango arxentino. Tamén danza gpsy, swing-lindy hop, ballet, danza oriental, danzas mandés, danza contemporánea, ritmos latinos, danza tradicional galega e danzas urbanas. A danza polinesia, coa nosa representante local, Romina Trigo. Horario de visita: luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Sábado: 10:300 a 13:00 horas.