Galicia aproba en Ciencias, Lectura e Matemáticas

O alumnado galego aproba en Ciencias, Lectura e Matemáticas.

Galicia é a primeira comunidade autónoma de España na media dos resultados nestas tres competencias: Ciencias, Lectura e Matemáticas.

O 15 de febrero en París, hubo un encuentro entre o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o director de Educación da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) e coordinador do informe PISA, Andreas Schleicher. O motivo da reunión foi  avaliar as liñas de futuro para mellorar a formación da mocidade galega no marco desta Organización.

Lembrar que Galicia é a primeira comunidade autónoma de España na media dos resultados nas tres competencias (Ciencias, Lectura e Matemáticas) do último informe PISA. Deste xeito supera o rendemento promedio de: España por 21 puntos, o da Unión Europea por 10 puntos e o da OCDE por 13 puntos.

Esta puntuación sitúa o sistema educativo galego ao nivel de países como Irlanda, Reino Unido, Eslovenia, Nova Zelandia, Suecia, Países Baixos, Dinamarca, Alemaña, Bélxica, Australia, Suíza e Noruega.

Ademais o representante de Educación da Xunta de Galicia transmitiu ao director de Educación da OCDE a prioridade que "a educación supón nas liñas de actuación do Goberno galego, que se ve confirmado tanto polos resultados en PISA como por unha redución de máis de 17 puntos na taxa de abandono educativo temperá desde o 25,8% de 2009 ata o 8,1% rexistrado no ano 2021".

Tamén Román Rodríguez reflexionou sobre que se trata de resultados “moi por riba do que cabería esperar en función da renda media de Galicia”.