O teléfono gratuito 900 400 116 amplía o seu horario

Teléfono gratuito de información sobre el coronavirus
O teléfono gratuito para atender consultas sobre el Covid-19 amplía o seu horario de 8 a 24 horas todos os días da semana.

O teléfono gratuito para atender  consultas sobre el Covid-19 amplía o seu horario de 8 a 24 horas todos os días da semana.

Tamén este servizo reforzase con 100 teleoperadores máis para a atención exclusiva do teléfono gratuíto 900 400 116 de información e consulta sobre o coronavirus.

Neste contexto, na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a media diaria de chamadas atendidas en relación ao coronavirus é de 6.984. Recordar que nesta central se atenden as chamadas de todos os números de teléfono de xestión da información do coronavirus.

No 900 400 116 aténdese unha media diaria de 6.165 chamadas, ás que se engaden as atendidas no 061 en relación con esta enfermidade que, desde a implantación deste reforzo, supoñen unha media de 819 chamadas atendidas cada día.

O 061 mantense como o teléfono exclusivo para a atención ás urxencias e ás emerxencias sanitarias en Galicia ou a consulta exclusiva de casos graves.

Así, calquera persoa que se atope nunha situación de urxencia ou emerxencia sanitaria, deberá chamar ao 061, onde será atendido por persoal médico e enfermeiro especialista.

Mellor prevenir para non ter que chamar ao teléfono

Recordar que o coronavirus transmítese principalmente por vía respiratoria e polo contacto directo con secrecións respiratorias.

Ademais na maioría dos casos, a infección por esta enfermidade é similar a un arrefriado común. As recomendacións para evitar un posibl contaxio, establecen principalmente lavarse frecuentemente as mans con auga e xabón, evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca se non ten as mans limpas, e cubrir a boca e o nariz co cóbado se tose ou espirra.