Horticultura Ecolóxica, nova actividade proposta polo Concello
23 de febrero de 2019 (23:04 h.)
A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa, ofrece
unha nova actividade denominada “HORTICULTURA ECOLÓXICA”, para as tardes dos
mércores na Aula da Natureza.
Esta actividade dirixida á rapazada de Educación Primaria, pretende ser un espazo de experiencias e aprendizaxe teórico-práctico, orientado ao desenvolvemento sostible, á educación ambiental e á agroecoloxia onde se creará un horto e se fará compostaxe.
O alumnado desenvolverá múltiples experiencias relacionadas
coa contorna rural, hábitos de responsabilidade e coidado da natureza.
A preincrición está aberta do 18 ao 28 de febreiro.
A actividade dará comezo o día 13 de marzo en horario de 18:15 a 19:45h.