Lixeira baixa dos pacientes en UCI e hospitalizados
766 pacientes hospitalizados. É o dato que A Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade ofrece este sábado 11 de abril.
Ademais informa que na última actualización, o número de
casos na comunidade galega son: pacientes con coronavirus 5.747. Deles 1.169 son da área da Coruña, 592
da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo,
963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.
Tamén informa que do total de pacientes positivos: 143 permanecen en UCI, 716 están hospitalizados e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos. O número de PCR realizadas é de 42.122.
Datos de centros residenciais, hospitalizados e outros
Por outro lado, o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,6% do total das persoas residentes. Respecto das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais:
- 1 foi na residencia DomusVi Matogrande (A Coruña)
- na residencia Caser A Zapateira (Culleredo), 1
- 2 na residencia N. S. de la Esperanza (Ourense);
- residencia DomusVi Barreiro (Vigo), 1
- Vigo, na residencia de Moledo, 1
- 1 na residencia DomusVi de Cangas e 1 na residencia San Pedro de Crecente.
Así os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros
En resumen: TOTAL NÚMERO DE CASOS: 5.747 ; FALECEMENTOS 347; DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS: 885 (usuarios); 400 (profesionais); 73 (en residencias); 68 (hospitalizados e residencias integradas).
Recomendacións
Na mesma línea os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade;
- aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
- extremar a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse,
- cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado.
- evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.