O IES Manuel Murguía participa na investigación I+D EquilinGalicia
O IES Manuel Murguía participada nesta actividades de diversidade lingüísticastica na Universidade de Santiago de Compostela.
Así, no marco das actividades do proxecto de investigación I+D EquilinGalicia da Universidade de Santiago de Compostela: Espacios de transformación sociolingüística en el contexto educativo gallego: agencia de los hablantes, repertorios multilingües y prácticas (meta)comunicativas, o estudantado do IES Manuel Murguía de Arteixo levou a cabo unha investigación en co-labor sobre os repertorios lingüísticos familiares e a diversidade lingüística do seu instituto e da súa contorna. Estiveron coordinados polas investigadoras e docentes da USC: Gabriela Prego (coordinadora do proxecto), María Caamaño e Luz Zas. A investigación durou cinco meses.
Ademais, o estudanto de 1º, 2º e 3º da ESO, estivo acompañado polas súas profesoras: Cathia Capelán, Carme Gabín, Cristina Galán, Teresa Seara, Isabel Rodríguez, Silvia Tasende e Isabel Tomé. Neste sentido, desenvolveron, dirixidos polas investigadoras da USC, un minucioso traballo etnográfico en diferentes fases:
- observación etnográfica
- enquisas
- informes sobre os usos lingüísticos nas súas familias.
Tamén se desenvolveron diversas actividades para representar a diversidade lingüística do centro: dramatizacións, videocreacións e microrrelatos.
Aclarar que as actividades articúlanse metodolóxicamente en torno á chamada ciencia cidadá para a comprensión da vida social e, por tanto, para reflexionar sobre a presenza das linguas nos diferentes espazos públicos que nos rodean na vida cotiá; neste caso, a diversidade lingüística do instituto e de Arteixo.
Por último, informar que os estudiantes do IES Mabuel Murguía están a mostrar os resultados da investigación, hoxe martes 23 de maio, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.