Arteixo estrea programación cultural de inverno
Ata o 18 de marzo a proposta cultural ofrece unha gran variedade de espectáculos
Espectáculos para todos os públicos ocuparán as noites dos venres do Auditorio de Arteixo coa nova programación cultural. Audiovisuais, danza, teatro, maxia e humor da man de grandes artistas da escena galega. Entre eles Manuel Manquiña e Víctor Fábregas. Ademáis, compañías que son referentes galegos, como Teatro do Atlántico, e bailarinas de danza contemporánea cunha intachable traxectoria profesional como Marta Alonso Tejada.
En representación da escena española contan cunha compañía de Sevilla, Atalaya, que traerá a súa peculiar versión dun clásico, "A Celestina". E como punto transgresor, Davide González coa peza "Microspectivas dun marica millennial" galardoada con dous premios María Casares. Compartirá cartel cos seus compañeiros de Incendiaria en "A lúa vai encuberta". O mago Xacobe e as compañías Trémola Teatro e Pedras de Cartón farán as delicias da xente miúda da casa.
A maiores, ata o 18 de xaneiro pódese disfrutar dunha exposición na que se fará un percorrido polos diferentes procesos de animación. Pódese visitar na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Ver a programación completa na cartelera de debaixo.