Arteixo adica 41.400 euros a axudas para actividades e investimentos culturais

O prazo de presentación da solicitude remata o 9 de xuño e da documentación xustificativa para obter os investimentos o 30 de novembro do 2021

O Concello de Arteixo fai pública a convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais durante os anos 2020-2021

Tras a súa aprobación na Xunta de Goberno Local do 29 de abril de 2021, e tendo en conta as limitacións ocasionadas pola actual situación de pandemia, o Concello de Arteixo fai pública a convocatoria de subvencións para actividades e investimentos culturais durante os anos 2020-2021 ao abeiro das bases reguladoras das subvencións municipais en réxime de concorrencia competitiva publicadas no BOP nº 215 o 16 de decembro de 2020.

Trátase de apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantenemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 11 de maio até o 9 de xuño (30 días naturais dende a súa publicación no BOP)

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (https://sede.arteixo.org/opencms/gl/)
  • Presencial:
    • No departamento de Cultura no CCC de Arteixo en horario de 9:00 a 14:00 h.
    •  Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
    • Noutros rexistros municipais segundo sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o cumprimento da normativa derivada do COVID 19 e directrices de seguridade.

EXTRACTO DA CONVOCATORIA:

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publí-case o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/561837)

 1)    Obxecto: Apoiar ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, así como na dotación de equipamentos das programacións que desenvolven en materia de cultura durante os anos 2020 (excepcionalmente debido á COVID-19) ata novembro de 2021.

2)    Beneficiarios: Entidades legalmente constituídas. Excepcionalmente, poderán presentar solicitude de subvención para programas considerados de especial relevancia as comunidades veciñais, comités organizadores e persoas físicas que cumpran os requisitos.

3)    Bases: A convocatoria realízase ao abeiro das bases reguladoras para a concesión de subvencións mediante concorrencia competitiva ás entidades locais para actividades e equipamentos culturais en Arteixo publicadas no BOP nº 215, do 16 de decembro de 2020.

4)    Contías: as contías destinadas son os importes consignados no orzamento ordinario para o ano 2021, ascendendo a un total de 31.400,00 € con cargo á partida 334.48903 para actividades e a un total de 10.000,00 con cargo á partida 334.78000 para equipamentos.

5)    Criterios de valoración: As bases reguladoras conteñen os criterios de concesión da subvención aplicables para cada caso.

6)    Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a través da BDNS.

7)    Prazo de xustificación: o prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 30 de novembro do 2021.

LIGAZÓNS: