La vida a 15 km por hora: 2ª etapa Cuba con dos pedales
ETAPA 2 : Guantánamo-Paraguay-Yateritas-Tortuguilla (51 km)
Después de la primera etapa salgo da ciudad de Guantánamo, ciudad sucia e sin moito que ver. Arranco as 9:00 ou asi, non dormin muy ben esta noite por dolor de estómago, como falto de digestión…
Fago 25 km entre pueblos con casas de madeira, techos de pallla, "bohios" (chamanse aqui as casas estas de campesinos), xente descalza , nenos sucios hastas orellas, xente a cabalo levando desde verdura, unha nevera, bombonas etc.... Paro a ver si é posible conseguir agua potable pero non, dinme que continue máis adiante a cerca da base de USA army …ali si hay.
Todavia ainda me queda medio litro pero quentísima, continúo pero empezome a encontrar mal, sudores, estómago malo, sin forza....vou bastante tocao e solo levo 25 km... eu bótolle a culpa a unha pizza dun puesto destes da calle que a saber como estaba o queixo ou a fariña ou sabela virgen... porque xa empezo a ter algo de 'furricón" como di o meu amigo Zizo Loureda cando tes que ir o baño cada 7,5 segundos e non che dar tempo nin a baixar e dasabrochar os pantalóns (jajajaaa)
Teño que ter cuidado tamén ca auga que me ofrece a xente ca súa mellor intención e hospitalidade nas casas, eles teñen desarrollados anticuerpos para combatir as posibles bacterias que conteña auga do grifo (o ser vivo adaptase o medio no que vive) pero a min ou a calquer europeo que non os temos desarrollados, podenos esbaratar do estómago ou calquer enfermidade, teño que tratar de comprala sempre embotellada (penso).
Hay que tomálo con humor que queda moito… e ainda pode pasar máis cousas ...
Paro máis adiante en un control policial como os moitos que hay arrededor da base yankee de Guantánamo, pido que por favor si me dan agua potable e digolle que me encontro mal, -si claaaaarooo muchacho!- dime unha policia da (PNR) Policia Nacional Revolucionaria. Vou o baño da garita.....bfff sigo con algo de mareos, pono os pés en alto a ver si me pasan os mareos e bebo, a tipa a policia faime un interrrogatorio: donde vivo, si es con mis padres, si no tengo miedo a viajar solo por Cuba, si pertenezco a alguna asociación etc., etc., etc… etc
Encontrome mellor e arranco, -ah dixome o final a tipa, cuidese mucho por ahi que eres muy joven y guapo- (jajaja risas)
Prosigo a marcha, algo mellor pero os 6 km xa teño que parar outra vez, deshidratado, paro a sombra da pouca que había, de ali a 5 minutos pasa un ciclista, e paro, digolle que no me encontro ben.
Hugo é un ciclista cubano de carretera, que está en un centro de alto rendimiento “a lo cubano” en Guantánamo, bici precaria, sin casco, sin cinta no manillar, bici destrozada pero é o que hay.....en Cuba non hay repuesto de ningún tipo para os deportistas e aparte teñen que traballlar en outra cousa, el é pintor de cuadros, e para pouco lle da. Soña con un dia ter unha bici de carbono e facer a volta a Cuba ... como tantos soños de cubanos e cubanas... que teñen algunha esperanza...
Me dice que él me acompaña hasta o próximo pueblo donde haya un sitio para dormir ,proponme cambiar as bicis; él colle a mina bici cargada hasta os topes e eu a súa de aluminio de 9kg pero a pé. Primeiro paramos a descansar en un mirador desde o cal se divisa a base naval USA Army; esta base utiliza USA para controlar o Caribe e o Canal de Panamá e asi asegurar o transporte de mercancías que lles chega desde Asia.
Tamén a utilizan para cárcel de yihadistas e islamistas. Fidel Castro reclamalle este terrritorio que é de CUba, un mito que din os de aqui é que USA pagalle 4000$ o ano por estar a base aqui a Cuba e Fidel nunca os cobrou; din que os cheques os garda no seu escritorio, porque o que quere é o territorio e que eles se vaian, aparte de parecerlle unha cantidade de desprecio. Obama parece que se está acercando máis a Cuba en este tema e no do embargo....que ten parte de culpa do atraso que leva Cuba co resto de paises, xunto coa extrema dictadura dos Castro, como as empresas e as grandes extensións de terra que tiñan os yankees en Cuba (Pepsi, Bacardi ,United fruit company,...) foron expropiadas e nacionalizadas pola revolución.
EE.UU. despois tomou represalias contra Cuba co tan famoso “embargo”, que quere decir resumindo a grandes rasgos, que EE.UU. non comercializaría máis con Cuba nin comprando nin vendendo e tamén financieramente non se lle concedería ningún crédito a través do FMI, pero ademáis, EE.UU obligou o resto de países a aplicar o embargo a Cuba, si querían seguir tendo boas relación con eles, país que comercializara con Cuba declarábano enemigo. Cuba e a súa revolución quedouse sola a nivel mundial, bueno, non tan sola….(da axuda da URSS xa falaremos…)
Despois de esta parada encontrome mellor, pasa a PNR en un un especie de Jeep soviético, dinme si me chaman a un doctor pero dígolles que no, que quero continuar muy pouco a pouco hasta a próxima población e que xa me acompaña Hugo.
Polo camiño vou falando con Hugo e falamos do dificil que é ser ciclista profesionalen CUBA polo tema de recambios, alimentacion, e ter que traballar o mismo tempo, e tamén sobre que sería importante un proyecto entre algún club ciclista español e algún cubano para mandarlles material que nós tiramos e non usamos, -eso aqui es Orooooo amigo...!!!- algo habrá que facer penso eu, ainda que non é facil o tema de envios e autorizacións do Estado.... aqui nada es fáaaaasil Damián...
Chegamos a Tortuguilla donde encontramos unha casa particular que renta unha habitación mirando o mar (Oswaldo, un economista que estudiou en Rusia, como moitos cubanos ).... Despidome de Hugo, dándolle mil gracias e casi solto unhas lágrimas, fora coña, ainda que eu pa eso sea duro... verte solo por ahi, sin poblacións e que me brinden esta axuda asi sin nada mais e jodendolle o entreno que tiña organizado no seu centro de alto rendimiento......regalolle uns calcetins da nosa asociación AD Jarnachas e uns medicamentos antiinflamatorios para as articulacións. El tamén se emociona... ¡avurrrrr amigo nunca te olvidaré!...dámonos correos, fotos…
Son as 18:00 da tarde xa me apetece meterme na cama, teño fiebre e non podo nin cas zapatillas, tomo parecetamol, arroz en blanco e un pouco máis non teño ganas de nada... ahh e teño hamaca mirando o caribe claro, dixenlle que xa dormia ahi cerca do mar...
Oswaldo,o caseiro, riase … no que igual no te “cae” bien la brisa del mar tal y como estás muchachoooooo!
Teño unha piscina de hormigón o lado desta casa na que me hospedo, metida no mar da época do dictador Batista, na que solo se podían bañar os ricos da zona e terratenientes; ahora pódese bañar calquer cubano, pero eu quédome cas ganas a ver si me vai escarallar ainda máis.....
51 km fixen dos 82 previstos para hoxe... xa levo medio día de atraso... pero bueno esto e impredicible, engaña moito, o tempo, mecánica, físico, salud... nunca sale como tés previsto...
Esta etapa está dedicada a asociación a cal pertenezo AD JARNACHAS, e a todos os ciclistas con que tamén entreno a menudo pero que non pertenecen a ningún club: Tony Neira, Jairo Pineiro, Dani Foxo, Martin Veiga Dosil, Lois Pineiro, Javi Cacho e a José Antonio Ramos Martínez que o próximo dia 24 pódese proclamar campeón galego de enduro de MTB, a ver si é verdad, porque ser é un paquete jajajaja
En Tortuguilla (Provincia de Guantánamo), a 5 de Octubre de 2015