O Concello de Arteixo na vanguardia da liberdade e tolerenacia
O pleno de xullo aprobou por unanimidade a proposta do Grupo Municipal Socialista para defender a liberdade, igualdade e tolerancia
Arteixo é oficialmente, dende esta semana, zona de liberdade LGTBIQ. Así o decidiu, por unanimidade, a corporación municipal ao aprobar a iniciativa do Psoe en
defensa dos dereitos do colectivo. Na súa intervención durante o debate, a concelleira socialista Patricia Boedo reivindicou a necesidade de situar a Arteixo na vangarda da igualdade e a tolerancia. Unha actitude que xa exhibiu a veciñanza nas últimas semanas durante as mobilizacións en rexeitamento ás agresións de odio por razón de orientación ou identidade sexual. En España, o Observatorio contra a Homofobia está a detectar un preocupante aumento das agresións deste tipo, rexistrando 77 incidentes dende o 1 de xaneiro de 2021.
A moción que levou ao pleno de xullo o grupo socialista poñía de manifesto que a loita contra a desigualdade “é unha responsabilidade compartida, que require de esforzos e accións conxuntas en todos os niveis de goberno. En particular, por par dos organismos locais e rexionais”.
"O goberno municipal de Arteixo ten agora a obriga de levar á práctica o contido desta declaración institucional. Para elo, debe promover iniciativas destinadas a combater a discriminación diaria e os crimes de odio. Tamén, impulsar a sensibilización cidadá respecto aos dereitos humanos de todas as persoas LGTBIQ", engaden desde o Psoe local.