Mañá chega a Arteixo “A maxia do noso” no tráiler Vivamos como Galegos
A proposta lúdica que “A Maxia do Noso” trae para a veciñanza arteixá inclúe actividades como: saber quen é o máis repunantiño, gozar da verbena, participar no primeiro ‘escape room’ itinerante de Galicia, tomar parte en sorteos, levar agasallos e visitar todas as actividades que agocha o museo rodante de ¡Vivamos como galegos!
Os dous andares do tráiler – exposición ¡Vivamos como Galegos! de Supermercados Gadis transportan de todo este ano. Dentro, os visitantes atoparanse desde o espírito da verbena, ao repunantiñómetro, o libro máxico, o clásico futbolín e tamén o museo das 12 edicións da campaña. Pero por se iso non abondara, esta edición permite participar no primeiro escape room itinerante de Galicia.
A cita con toda esta diversión terá lugar mañá, xoves 22 de agosto, e inclúe sorteos e agasallos. Poderase visitar en Arteixo na Avenida de Finisterre fronte a Oficina de Turismo de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
O tráiler – exposición conta con tres espazos diferenciados:
a zona exterior, na que está o photocall cun palco ambientado a xeito de
verbena con instrumentos inchables e o son da ‘cumbia verbeneira’, e dous
andares. No primeiro hai catro actividades: o repunantiñómetro, o
libro máxico, o futbolín, e unha área que acolle o escape room. Xa no segundo
andar o protagonismo é para os 12 anos de campañas de ¡Vivamos como Galegos! a
xeito de exposición visual.
Neste espazo cóntase cun recuncho dedicado a poñer en valor os 14 premios que ten recibido esta campaña, incluídos os tres Mestre Mateo cos que foi recoñecida. Primeiro escape room itinerante de Galicia Unha das novidades deste ano do tráiler – exposición ¡Vivamos como Galegos! consiste en poder xogar no primeiro escape room itinerante de Galicia. No interior do vehículo hai unha habitación ambientada como a biblioteca do avó que aparece no spot deste ano.
Dentro, hai pistas para resolver o misterio. Unha meiga
desapareceu e haina que salvar para poder saír. A duración aproximada da
actividade é 15 minutos e está pensada para grupos de 2 a 6 persoas. Serás ou
non o máis repunantiño? A resposta a esta pregunta está no repunantiñómetro.
Trátase dun xogo no que os participantes sométense a unha batería de preguntas
con 15 segundos para dar resposta a cada unha delas.
Ao remate haberá un resultado para saber se a persoa
participante é ou non un repunantiño en toda regra. Outro dos espazos que se
atoparán os visitantes é unha cabina na que o libro máxico está nun atril. No
cuarto proxéctase o spot, de tal xeito que as persoas teñen a sensación de
gozar en primeira persoa do bosque máxico da Maxia do Noso. Non falta no
tráiler un clásico: o futbolín que cada verán triunfa nesta proposta de ocio
que recorre Galicia. Verbena, sorteos e agasallos para os visitantes Todas as
persoas que visiten o tráiler serán agasallados cunha pulseira. Ademais, vanse
sortear diariamente 22 abonos para o Festival de la Luz que terá lugar en
Boimorto os días 6, 7 e 8 de setembro.
Os sorteos terán lugar en tres momentos da xornada. O
primeiro levarase a cabo a última hora de mañá con catro premios de dous abonos
cada un en xogo. Xa na tarde realizaranse dous sorteos. Na primeira quenda
vanse sortear tres premios de dous abonos e na segunda catro premios de dous
abonos.
Se hai algo moi, pero que moi galego, son as verbenas. Por iso, entregarse á festa ten premio. As 20 persoas máis madrugadoras á hora de participar na actividade exterior cada xornada, é dicir, en subirse ao palco, coller un dos instrumentos inchables e poñer en escena no photocall á ‘cumbia verbeneira’ do repunantiño, terán como agasallo unha bolsa de ¡Vivamos como Galegos!