Mañá xogarase a fase final infantil feminina de balonmán
25 de mayo de 2018 (09:08 h.)
Mañá 26 de maio terá lugar a fase final de 2 división correspondente á categoría infantil feminina de balonmán. Esta fase conforma a Copa Norte e celebrarase no Pavillón Municipal de Galán, en Arteixo.
As semifinais abrirán ás 10:30h co partido Parrillada La Ronda RC Arteixo contra BM Camariñas. A continuación ás 12:00h, comezará a segunda semifinal conformada polo partido que enfronta ao BM Lucus contra o Punta del Este Xiria.
O terceiro e cuarto posto se decidirá ás 17:00h e a final ás 18:30h tamén no Pavillón Municipal de Galán.
Por último celebrarase a entrega de premios programada para as 19:45h.