Manteis para "Xantar en Arteixo"
A primeira consistiu na edición dos manteis individuais de papel e comidas en galego, español e inglés, coa colaboración do alumnado do IES Manuel Murguía; a segunda consistiu na edición de pousavasos, que poñían en valor a microtoponimia, realizado polo alumnado da EEI “O Barrio Novo”, a terceira consistiu na edición e distribución de gardacubertos que levaban impresos os relatos que participaron no I Certame xuvenil de relato curto “Rosalía de Castro”.
Nesta catro edición distribúense de novo os manteis individuais de papel nos servizos de hostalaría arteixáns.
Editáronse 15.000 exemplares que levan impreso un mapa do Concello, con estradas e autoestradas, coas parroquias e algúns núcleos de poboación, microtoponima do litoral e os principais recursos turísticos cos que conta este municipio. Inseriuse, asemade, unha listaxe de entrantes, peixe e marisco, carnes, verduras e sobremesa nos idiomas galego, castelán e inglés.
O alumnado do IES Manuel Murguía foi o primeiro que participou neste programa “Xantar Arteixo” na súa primeira edición e, en colaboración co seu profesorado, realizou a tradución aos diferentes idiomas. O resultado deste traballo foi a edición destes manteis que se están a distribuír nos servizos de hostalaría, poñendo así en valor a lingua entre estes dous sectores da sociedade, a xuventude a economía.