Os hoteis galegos medran un 9,6% en outubro e marcan novo record
Os establecementos hoteleiros galegos medran un 9,6% en outubro e marcan novo record. Pecharon o mes de outubro cun subida de viaxeiros, os que realizaron un 5,2% máis de pernoitas que no mes de outubro do ano pasado. Galicia lidera así o crecemento turístico tanto nese período como no conxunto do ano e sitúase en cifras récord a piques de rematar 2019. En concreto, suma preto de 4,6 millóns de turistas e 9,8 millóns de pernoitas.
Así se desprende dos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que constatan o bo momento do sector turístico galego e a súa positiva evolución no conxunto de España. Así, tanto no mes de outubro como no acumulado do ano, Galicia lidera o crecemento entre todas as comunidades autónomas, pois é na que máis intensamente está a medrar tanto a cifra de viaxeiros como o volume de noites.
Por mercados, o comportamento é positivo tanto nas persoas que viaxan a Galicia desde outros puntos de España, como entre os turistas estranxeiros. No que levamos de ano sobe o turismo que fan os galegos en Galicia un 2% e tamén a demanda turística dos procedentes do resto do Estado, cun incremento que neste caso se sitúa no 5%. Istos datos marcan un novo record.
Máximo histórico internacional
Especialmente destacado está sendo o comportamento do
turista internacional neste 2019. O incremento é do 12% e, con máis de dous
millóns de noites, acada un máximo histórico de demanda hoteleira. En todos os
casos, ademais, a estadía media mantense estable e melloran tamén os niveis de
ocupación, en concreto, dous puntos porcentuais acadando tamén a cifra de
ocupación máis elevada da serie histórica.
Os hoteis e pensións galegos tamén están a acadar boas
cifras en termos económicos. Así o constatan os datos do INE que revelan que,
só en outubro, a rendibilidade hoteleira medrou un 6,3%, cinco puntos
porcentuais máis que a media española, que apenas subiu un 0,9%. Tamén as
tarifas hoteleiras medraron neste mes en Galicia, en concreto un 3%.