María Barcala da vida a Rosalía de Castro no auditorio de Arteixo
A actriz María Barcala de Teatro do Atlántico presenta "Libre como os paxaros" no marco do día da escritora galega
En conmemoración do día de Rosalía de Castro, a actriz María Barcala pónese na pel da escritora para representar "Libre coma os paxaros". Trátase dunha peza teatral para público adulto e adolescente de máis de 14 años. A cita é o venres 25 ás 20:30 horas no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Teatro do Atlántico, unha das compañías máis senlleiras de Galicia e a encargada da posta en escena baixo a dirección de Xulio Lago. Conta con 35 espectáculos producidos a partir de textos dos máis importantes dramaturgos do teatro contemporáneo. Na súa traxectoria conta con numeroso premios.
María Barcala, na pel de Rosalía de Castro, diríxese ao público en primeira persoa. Comparte as particularidades da súa propia orixe, seu pensamento, súa circunstancia social e os condicionamentos para a creación literaria.
Prezo da entrada: 4 e 3 euros. Venda de entradas o propio día da función de 11:30 a 13:30 horas ou 2 horas antes do comenzo da función.