Maribel Otero, muller de Arteixo 2018, elexida con motivo do día internacional da Muller
Este ano, Arteixo celebra os actos do Día da Muller en Arteixo, cunha protagonista especial: Maribel Otero, elexida polo Concello como Muller de Arteixo 2018, quien figura como unha pioneira do deporte xa que a finais dos anos 60 foi campiona de España de hockey durante os seus anos no equipo do Santa Lucía (1968-1970).
A súa historia vai unida a do clube Santa Lucía da Coruña, que acadou un título estatal na modalidade de hockey sala. O hóckey herba tivera os seus inicios na Coruña nos anos 30 grazas a un grupo de mozas capitaneado por Maruca Allones, que tiveran o empuxe e o apoio suficientes para formar en 1933 o primeiro equipo feminino da cidade coruñesa: o Ártabro Hóckey Club. A Guerra Civil acabaría coa aquela efervescencia do deporte do stick e non sería ata os anos 50 cando voltaría a rexurdir con forza grazas ao Saeta, un cadro herculino que tamén conseguiría títulos a nivel estatal en herba e sala, as dúas modalidades do hóckey.
E xa nos 60 sería o Centro Cultural Deportivo Santa Lucía a entidade que mantivo en auxe esta disciplina, que precisamente sería o equipo ao que chegaría Maribel Otero e se convertiría en campìona de España a finais dos sesenta. O Santa Lucía convertiríase, ata a irrupción nos anos 80 do Liceo, na primeira entidade deportiva da cidade da Coruña ao proclamarse campión de España de hóckey sala ata en cinco ocasións, éxitos acadados nas tempadas 1966/67; 67/68; 68/69; 70/71 e 71/72, ademais de ser subcampión na campaña 1969/70.