Mellora do equipamento e seguridade da Escola Infantil Municipal de Arteixo
A consellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación fai un investimento na mellora do equipamento e sistemas de seguridade da Escola Infantil Municipal de Arteixo. Esta actuación foi cofinanciada pola Consellería de Política Social ao amparo do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 que cofinancia a Unión Europea. A axuda obtida para este proxecto ascendiu a 25.041,74 euros.
O centro equipouse con novas portas técnicas con sistema antipilladedos e antiatrapamento. Coa colocación destas portas, conseguise calidade da atención prestada ás nenas e nenos e a súa seguridade, así coma na infraestructura desde o punto de vista da accesibilidade, eficiencia e sostenibilidade no consumo de recursos.
Tamén, dentro da mellora do equipamento, se dotou ao centro de novo mobiliario como cunas de evacuación, mobles armario, altos, mobles grandes e gaveteiros. Este mobiliario constitúe un valor engadido para a atención dos menores e a prestación do servizo. A súa compra obedeceu a unha importante mellora da tipoloxía existente no centro de Arteixo.