Patricia Boedo comunicou as propostas do PSOE en Loureda, O Rañal, Monteagudo e Armentón

La candidata do Psoe, Patricia Boedo, en Armentón
Para Patricia Boedo é esencial recuperar o termalismo como “elemento dinamizador do emprego, o turismo e a hostalaría”, dixo en Loureda

Hoxe, martes 23, Boedo estará no Centro Social de Meicende ás 20:30 horas

Para Patricia Boedo é esencial recuperar o termalismo como “elemento dinamizador do emprego, o turismo e a hostalaría” do concello. Anuncia que “elaboraremos un proxecto de termas públicas para uso gratuíto do pobo na parroquia de Loureda”. Os socialistas arteixáns queren desenvolver o "Proxecto Arteixo Termal" aproveitando instalacións da parte da edificación que estaba dedicada a balneario. Tamén, proxectar unhas termas ao aire libre na parroquia de Loureda.

Por outra banda, a candidata insistiu nas necesidades específicas das parroquias, como a construción das beirarrúas pola estrada DP-511 cara Boedo e por toda a Ponte do Ba na Travesía de Arteixo. Así mesmo, acondicionar a pista que vai dende O Foxo ata Larín.

Brigada verde policial

Na reunión coa veciñanza de O Rañal, Figueroa e A Catuxa a candidata incidió na importancia de mellorar o control medioambiental da industria do polígono e o porto exterior coa creación dunha Brigada verde policial. Tamén, fixo fincapé na eliminación de tráfico de vehículos pesados polas rúas do núcleo así como na renovación da estrada da conexión con Suevos e o polígono de Sabón.

Prioriza a protección social

Patricia Boedo, mantivo o domingo dous encontros coa veciñanza de Monteagudo e Armentón. Nesa ocasión salientou o capítulo dedicado á protección social como “unha das prioridades de goberno”. Argumentó que “un concello con 70 millóns de orzamento non pode permitirse deixar a ninguén atrás”.

“Queremos un concello á vangarda das políticas sociais” afirmó Boedo. "Para iso precisamos revitalizar o departamento de servizos sociais” para o que propoñen un aumento da plantilla de traballadores municipais, descentralizar a atención nas parroquias e reforzar o servizo da asistencia psicolóxica das usuarias do CIM. Tamén inclúen no programa unha estratexia específica para os colectivos e etnias minoritarias presentes no concello. Todas as iniciativas do Partido Socialista de Arteixo poden verse no seu programa electoral . Deixamos nesta ligazón unha entrevista a Patricia Boedo