Mocións do Bng no próximo pleno de Arteixo
O Bng local leva a pleno a mellora do sector comercial e hostaleiro e a eliminación das liñas de tensión de Sol y Mar
O Bng de Arteixo presenta dúas mocións para o seu debate no pleno ordinario deste mes de setembro. Unha delas, para a mellora da actividade comercial e hostaleira. A outra, sobre a eliminación das liñas de tensión de Sol y Mar, tal e como os nacionalistas se comprometeron coa plataforma de afectados da urbanización de Oseiro. Os contidos da primerira moción inclúe:
- 1- Continuar os contactos co Centro Comercial Aberto para preparar distintos proxectos e estratexias de futuro
- 2- Crear un programa de incentivo do consumo hostaleiro, comercial e turístico a través de bonos ás compras
- 3- Adquirir o compromiso de habilitar medidas compensatorias en caso de cese ou redución de actividade comercial
- 4- Elaborar programas transversais con distintos sectores (comercial, turístico, deportivo, cultural…) que redunden na dinamización da actividade e poñan en valor o traballo e imaxe de Arteixo
Solución para Sol y Mar
Ademáis, os nacionalistas volven sacar a debate as liñas de alta tensión na urbanización Sol y Mar. A formación leva "desde o comezo apoiando as reivindicacións e acompañan as accións da plataforma veciñal con iniciativas tanto no Concello como na Xunta. É responsabilidade de toda a corporación traballar para que esta reclamación sexa unha realidade. Por iso, o Bng de Arteixo solicitará un acordo en pleno para instar á Xunta de Galiza e á compañía eléctrica a formar unha mesa de traballo xunto co Concello de Arteixo. O obxectivo dunha das mocións é eliminar as torretas de alta tensión que atravesan a urbanización buscando unha solución alternativa ao seu trazado", explican.