Normas de xestión de permisos para as fogueiras San Xoan 2019

O

departamento de Seguridade Cidadá do Concello de Arteixo establece

as normas de seguridade para solicitar e celebrar as “Fogueiras da

Noite de San Xoán 2019”. Estas mesmas normas fanse extensivas á

celebración de Fogueiras durante o mes de xuño, sexa a noite do 23

o calquera outro día.

Distinguirase

entre a celebración de Cacharelas/Sardiñada en propiedade privada e

na vía pública, neste último suposto onde só poderán celebrarse

as solicitadas por colectivos ou

asociacións.

Cacharelas

en espazos públicos e privados

1)

As persoas, organizacións e

comunidades que desexen realizar unha cacharela na súa zona de

residencia deberán presentar a solicitude correspondente no Rexistro

Xeral do Concello dende o 5 de xuño

ata as 14:00 horas do 21 de xuño,

sinalando o nome, enderezo, teléfono e fotocopia do D.N.I. dos

responsables da organización ou comunidade, así como todos os datos

que constan no modelo de solicitude. As persoas responsables teñen

que ser maiores de idade. Os particulares poderán tamén facer a súa

solicitude a través da páxina web do Concello: www.arteixo.org

.

2)

A solicitude debe ir acompañada

dun plano de situación do espazo público (no privado non se

necesita plano) no que se vai a situar a cacharela, así como da

situación de todos os elementos, que ademais da cacharela se

coloquen no espazo autorizado.

3)

As/os organizadores deberán

coidar os arredores e coñecer o número de teléfono DE EMERXENCIAS,

A SABER: 112, Bombeiros (981 60 27 40), Protección Civil (981 64 14

14) e Policía Local (092).

4)

Zona urbana: O volume do

combustible da cacharela non sobrepasará os 3 metros de perímetro,

nin un metro de altura.

5)

Rural: O volume do combustible da cacharela non sobrepasará os 6

metros de perímetro/diámetro nin 3 metros de altura.

6)

A separación entre as cacharelas, edificios, árbores, vehículos e

mobiliario urbano serán como mínimo de 12 metros, excepto no casco

urbano.

7)

Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou

telefónicos, así como que nos arredores non exista ningún local no

que se almacene produtos inflamables.

8)

Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, espumas de

poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder

desprenda fume tóxico.

9)

En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan

líquidos inflamables ou gases a presión (sprays), aínda que estean

baleiros.

10)

No suposto de que a cacharela/sardiñada ou análogo se faga sobre

terreos de uso público pavimentados, asfaltados ou enlousados, os

organizadores encargaranse, pola súa conta, de protexer o pavimento

cunha capa de area de 10 cm. Así mesmo todos eles disporán nas

proximidades dun extintor de polvo de 5kg.

-

A hora límite para rematar a celebración é as 03:30 horas da

madrugada, de acordo co horario establecido no Decreto da Xunta de

Galicia, para a celebración de festas e romarías populares.

-

Ao finalizar a cacharela e antes de abandonar o lugar da mesma, os

responsables da organización coidarán de que as cinzas queden

totalmente apagadas.

-

Será obrigatoria a limpeza do espazo autorizado ao remate da

actividade, incluídos os elementos utilizados para o desenvolvemento

do mesmo, inmediatamente despois de rematar a cacharela e/ou

sardiñada.

-

Cumprir o establecido na Lei 11/2010, de 17 de decembro, de

prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

A

concesión de solicitudes deberá ser aprobada no caso das

cacharelas/sardiñadas na propiedade privada e no caso das

cacharelas/sardiñadas na vía pública polo Concelleiro Delegado de

Seguridade debendo de contar todas elas co visto bo do Servizo de

Protección Civil e da Policía Local.

Prohíbese

expresamente a celebración de Cacharelas de San Xoán nos seguintes

lugares: Praza do Balneario, Campo

da Festa, zonas peatonais do Concello, zonas axardinadas municipais.

-

O desenvolvemento de celebración das cacharelas e sardiñadas deberá

axustarse ao permiso concedido e as ordenanzas municipais.

-

Nas cacharelas e sardiñadas que se celebran en espazos públicos,

terán prioridade as Asociacións

Veciñais e Culturais.

-

As organizacións atenderán as reivindicacións de Policía Local,

Protección Civil e dos Bombeiros.

O cumprimento destas

normas será verificado polo persoal do Servizo de Extinción de

Incendios E Protección Civil que, se é o caso, dará conta á

Policía Local das infraccións.