“Nos centramos moito nun mundo moi tecnificado e nos están quitando a nosa humanidade”
Susana Lebón é coñecida, para a maioría, por ser concelleira polo Partido Socialista no concello de Arteixo. Nembargantes, para relatar a súa biografía precisamos varios sustantivos: sindicalista, política ou fotógrafa. Como ela di, “unha muller poliédrica con moitas capas que se van formando cantos máis anos vou sumando”.
A vinculación de Susana Lebón co partido e coa fotografía podería decirse que é xa de segunda xeración. “Meu pai era moi afeccionado á fotografía e militante de base do PSOE”. Unha historia de tradición familiar da que nace tamén a súa “búsqueda da xustiza social”.
Todo o que Susana é como persoa e o seu pensamento refléxase nas súas fotografías. “Unha forma de expresarse artísticamente” e unha busca continua da beleza no cotidiano e do uso da imaxe como defensa dos máis febles.
As túas fotografías expresan o que es ti como persoa?
Si, sempre en busca da xustiza social. Meu pai tamén era sindicalista e militante de base do PSOE. Por iso na miña casa loitar pola xustiza social foi sempre algo natural. Cando vou de viaxe interésame moito máis a beleza cotidiana nas cousas que están aí e vemos todos os días. Buscar ese punto de vista diferente, non os canons ditatoriais porque a beleza é moi relativa e diversa.
Cres no poder da fotografía como denuncia?
Si. Diferenciaría dúas fotografías denuncia, as da prensa escrita ou TV que últimamente se regodean demasiado no morbo, a mesma imaxe repetida mil veces. Hai outras fotografías máis persoais que denuncian ou presentan a realidade sen entrar no morbo, fotos denuncia que tamén buscan a beleza. O espectáculo de por si fai o efecto contrario, nos inmuniza contra a desgracia allea e nos resta empatía.
No teu discurso destaca moito o pensamento feminista, buscas a visión da muller real?
Busco o feminino sempre. Son muller e penso como muller, non estou para nada en contra dos homes, o contrario. Todos temos unha parte femenina e unha masculina. Eu cultivo esa parte masculina e gústame que os homes cultiven a súa parte feminina que non é nin máis feble, nin mellor nin peor, é unha forma complementaria de ver a vida. Non é unha loita de sexos, é camiñar xuntos pola vida coas suas peculiaridades e aprendendo do outro. Busco a reivindicación do feminino. Unha das miñas fotos retrata a unha muller sen teito comendo un cacho de sandía que atopei nunhas vacacións. Impresionoume que todos nós podemos ser esa muller e a dignidade que amosa dentro das súas circunstancias. A vida é beleza no bo e no malo. Sen os momentos malos tampouco é vida, de aí aprendes e sacas forza. Temos que seguir reivindicando os dereitos da muller porque sobre o papel poden estar mi bonitos pero na realidade non son así. E na vida sindical o vexo todos os días. Por desgraza, segue habendo un teito de cristal en todos os ámbitos da vida. Noto ademáis unha involución na xente máis nova. Volvemos á muller floreiro e a estar máis preocupados do noso exterior ca do noso interior.
Traballas con persoas con discapacidade intelectual, a arte ten unha parte terapéutica, cres que se debería poñer máis esforzos neste aspecto?
Hai un arrinconamento das humanidades na educación. A tecnoloxía é moi importante, deunos moitos avances pero quero desfrutar da música, da escultura, da pintura… Hai proxectos moi bos e asociacións que están facendo un moi bo traballo, por un lado polo carácter terapéutico e como forma de expresión mediante as artes. Mágoa que a Consellería de Política Social non se implique máis nos seus centros. Os centros de maiores e de dicapacidade, para as altas esferas son máis de almacenamento que de dignidade. O primeiro é a dignidade dos rapaces e unha atención afectiva, non consiste só en telos aseados e darlles de comer. As persoas con discapacidade intelectual son os máis esquecidos dos esquecidos e no noso traballo temos que ser a voz deles. Temos que coidar do seu espírito e é o que boto en falta na administración pública. O imporante non é só cuidar o corpo senon tamén a alma. Nos centramos moito nun mundo moi tecnificado e nos están quitando a nosa humanidade.
Ese arrinconamento das humanidades refléxase na oferta cultural?
As cousas que se fan en Arteixo están ben pero somos pouco ambiciosos, non hai innovación. Arteixo é moi diversa e estamos cunha política cultural que quedou anclada no pasado. Ademáis, foi un golpe moi duro desvirtuar o Dora Vázquez e eliminalo, igual que o Arteixo Solidario. O Dora Vázquez naceu como mecanismo para que as mulleres se expresasen por medio dun artigo xornalístico. Se desvirtuou cando o abriron aos homes, para iso se pode abrir un xenérico pero o Dora Vázquez era para impulsar a voz feminina. No teatro, na pintura, no graffiti, ou nas novas artes como o audiovisual se podería facer máis. Arte é todo dende un artigo xornalístico ata un graffiti ben feito. Está o arte con maiúsculas e logo as pequenas artes e artesanías nas que hai verdadeiras obras de arte. Son da teoría de que todo o mundo é un artista, hai que descubrir en que, practicalo e potencialo.
As experiencias vitais foron cambiando a túa linguaxe fotográfica?
Si, houbo unha evolución en pouco tempo. Todo é cuestión de práctica e ensaio, facer moitas fotos malas para centrarte e saber o que queres. Notei unha evolución das primeiras fotos, pasei dunha temática máis normal con cores a unha temática máis escura. Non é de pesimismo, nalgunhas si pero a ausencia de cor faite centrar máis e destacar o que queres destacar. Nas primeiras exposicións notaba que me faltaba algo e así xurdiron os nanorelatos.