O Comité educativo, partidario dunha desescalada prudente

O Comité Educativo aboga pola prudencia

O Comité educativo é partidario dunha desescalada simétrica e prudente.

O Comité Educativo ven de comunicar o 25 de outubro o seu sentir acerca dunha desescalada simétrica e prudente no ensino. Lembrar que Galicia ven de abandonar tamén a situación de emerxencia sanitaria.

Neste sentido, que a desescalada esté a ser efectiva na sociedade, xenera unha adaptación nos centros educativos. Así pois, dado que a progresiva normalización da situación sanitaria na sociedade en xeral ten o seu reflexo nas aulas, o Comité Educativo considera axeitado comezar a abordar
unha posible flexibilización no protocolo covid escolar.

Tamén, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, subliñou que esa flexibilización deberá respectar o marco establecido polas autoridades sanitarias galegas, así como na Declaración de Actuacións Coordinadas (DAC) entre os ministerios de Sanidade e Educación e as comunidades autónomas.

Ademais, os integrantes do Comité Educativo coincidiron en que esta apertura tería un “impacto positivo” para o conxunto da comunidade educativa polo que deberían terse en conta á hora dunha modificación do protocolo, sempre co aval do Comité Clínico, a quen se trasladará unha proposta para a súa avaliación.

"El Portal de la Infancia" é o xornal galego de noticias sobre á infancia

Envíanos as túas informacións a Redación: asoc.pestudio@gmail.com