Nova edición da travesía a nado no porto de Suevos

Un ano máis estamos cerca dunha nova edición da xa tradicional Travesía de Suevos, Memorial Marina Álvarez. É a decimoterceira edición dunha xornada que forma parte do Circuíto Galego de Augas Abertas co percorrido de 2500 metros, mantendo tamén os percorridos máis populares de 800 e 200 metros.

A Travesía, organizada polo Club Natación SARVAL Arteixo conta coa colaboración do Concello de Arteixo.

O sábado 27 de xullo ás 12:00 da mañá no Porto de Suevos arranca este evente que conta con tres percorridos: 2500, 800 e 200 metros, este último dirixido só ós máis cativos.

A Travesía a nado está rexida pola normativa do Circuíto Galego de Augas Abertas, no que hai un apartado específico de uso de neopreno (bañador térmico):

  • na proba de 2500: se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é entre 18ª e 20ª será optativo e se a temperatura é inferior a 18º será obrigatorio para os que participen no Circuíto Galego de Augas Abertas.
  • Na proba de 800: se a temperatura da auga é de 20º ou máis está prohibido o uso de bañadores térmicos, se é inferior a 20º será optativo.

As inscricións poden realizarse até o xoves día 25 de xullo, na páxina web de Champion Chip Norte.

O CNA ten a disposición dos asistentes a posibilidade de comer ó rematar a proba, farán unha gran paella, por encargo, con un custo de 5 euros con pan e bebida incluidos por persoa. Para facer encargos pódese chamar ó teléfono do club (652542548), ou facelo por correo
electrónico (info@natacionarteixo.com).