O BNG de Arteixo solicita a construcción dunha Casa da Xuventude
O grupo municipal do BNG de Arteixo solicita, novamente, a construcción dunha Casa da Xuventude e pide "que se cumpra ese compromiso". O BNG de Arteixo fixo dita solicitude nas enmendas dos últimos orzamentos, aídna que non era a primeira vez que o facían.
Nas verbas de Silvia Seixas, portavos do BNG, explican que "a Casa da Cultura de Arteixo queda pequena para unha poboación que supera os 30.000 habitantes e que ten unha das pirámides de poboación máis novas de Galiza”. A Casa da Xuventude serviría, din, como lugar onde se impartan as actividades de música, baile, como local de ensaio para os grupos locais ou para a realización de diversos obradoiros.
Engaden que “a día de hoxe o espazo para a escola de música do Concello é minúsculo, cando o alumnado é cada vez máis e podería ser aínda maior. Sabemos de xente que cando acaba os anos da escola incluso vai até Carballo para poder ensaiar”.
Dende o grupo nacionalista reclaman ademáis, "unha auténtica programación cultural e de ocio para a xuventude de Arteixo e para os máis cativos e cativas mais non hai ningún interese en motivar a ese sector da poboación”. Por outro lado, din, "tamén achamos en falla que os máis pequenos teñan un espazo para contacontos e biblioteca adecuado pois os espazos da biblioteca son insuficientes, está colapsado e tendo en conta o grande éxito das actividades infantís debería buscarse un espazo en condicións".