O concello de Arteixo abre o 16 de abril o plazo de solicitude para as axudas escolares
As axudas o comedor oscilan entre o 20% e o 100% do pago do gasto de comedor en función da renta e as axudas de material escolar oscilan entre 90 e 150 euros, tamén segundo a renta do solicitan
No curso pasado concedéronse 536 axudas nestes dous conceptos
O concello de Arteixo inicia o plazo de solicitude para as axudas de comedor e destinadas a compra de material escolar desde o próximo 16 de abril ata o próximo 16 de maio para o curso 2018/2019. Son as correspondentes as liñas 1 (axudas para comedor) e liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico). En total o curso pasado foron concedidas 290 becas para comedor e 246 para material escolar. O concello adicou a este fin un total de 223.675 euros, que se pagaron as familias no mes de decembro. Os destinatarios destas axudas son:
Axudas para o comedor: alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal.
Axudas para adquisición de libros e material didáctico: alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.
Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100% aproximadamente do prezo destes servizos. Os interesados poderán recibir información no departamento de educación municipal. Todas estas axudas están pensadas para todos os nenos que estexan empadronados no concello de Arteixo.