O Concello pon en marcha un servicio de mediación
A Concelleria de Servizos Sociais do concello de Arteixo pon en marcha os Programas de Mediación e de Asesoría Xuridico social. “A mediación é una forma flexible de resolución de conflictos, que permite que as partes en disputa, unha solución previa o que houbera constituido un litixio. A mediación ofrece ás partes unha oportunidade de gañar unha maior compresión do seu conflicto, e limitar o coste tanto en tempo como en cartos”, señala Inés Ramos, Concelleira de Servizos Sociais e Área de Benestar Comunitario. “O que pretendemos e implantar una forma eficaz de resolución de conflictos”, engadiu.
E cando non sexa posible a mediación, os interesados podrán informarse a través da asesoría xuridica, que o seu obxetivo é proporcionar un asesoramiento, una orientación e una información relacionada con trámites xuridicos, procedementos legáis, procesos de separación e divorcio, acceso a xustiza gratuita, arrendamientos, filiacións e declaracións de incapacidades, dereito do estado das persoas, recursos administrativos…
Para acceder a estes servizos hai que solicitar cita previa á traballadora social dos servizos sociais comunitarios quen, tras a entrevista, valorará a conveniencia ou non de derivar a consulta a este servicio, a través de un protocolo onde se recoge a situación de esa persoa e motivos da consulta.
Os profesionais que prestan este sevizo (licenciados en dereito e formación
especializa en mediación) acuden nuns días determinados do mes ó edificio de Servizos sociais para atender ás personas que sexan derivadas.