O departamento de Medio Ambiente retira 56 vertedoiros incontrolados

Custe retirada vertedoiros incontrolados. Os gastos efectuados na retirada e entrega dos residuos a xestor autorizado, os cales quedan reflectidos na seguinte táboa (en euros):...

Desde o ano 2005 o departamento de Medio Ambiente leva unha estadística dos vertedoiros retirados. A estadística reflexa a retirada, no 2005 de vinte vertedoiros; 21 no 2006; 14 no 2007; 23 no 2008; 34 no 2009; 19 no 2010; 25 no 2001; 33 no 2012; 56 no 2013; e vinte nos primeiros meses do 2014.

O departamento de medio ambiente, por medio do traballo realizado polos dous Gardas Ambientais que ten adscritos, vense encargando de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros.

Algúns dos vertedoiros detectados constitúense periodicamente nas mesmas localizacións, polo que estas son vixiadas regularmente por persoal deste departamento. Nalgún caso, a partir dos datos derivados das investigacións feitas polos axentes da autoridade e polo propio servicio de medio ambiente, orixinouse a instrucción de expedientes sancionadores contra os causantes dos vertedoiros, e nas ocasións que non se identifica o responsable simplemente foron retirados polo persoal municipal ou contratado o servicio de retirada e entrega a xestor.

Localización e retirada de vertedoiros.

O procedemento para a localización dos vertedoiros incontrolados baséase no coñecemento dos mesmos que é realizado por diferentes medios:

  • Aviso por parte da cidadanía.

  • Localización directa por parte dos Gardas Ambientais.

  • Remisión de informe por parte dos axentes da autoridade: Policía Local, Garda Civil (Seprona) e Policía Autonómica.

Unha vez localizado o vertedoiro, por parte do Servizo de Vixilancia do Departamento de Medio Ambiente, realízase informe comprensivo dos diferentes aspectos relacionados con cada vertedoiro. Neste informe relaciónanse, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Localización do vertedoiro: lugar, parroquia e coordenadas.

  • Volume que ocupan os residuos depositados.

  • Caracterización dos residuos.

  • Reportaxe fotográfica.

  • Plano de localización.

Con posterioridade á localización do vertedoiro procédese á retirada e entrega a xestor autorizado, transcorrendo entre a localización por parte do Departamento de Medio Ambiente e a retirada un período non superior ás 2 semanas.

Relación de vertedoiros incontrolados

Na táboa que segue realízase un resumo dos vertedoiros localizados en cada parroquia e do volume total dos mesmos (desde o ano 2005):

PARROQUIA

VOLUME (m3)

Armentón

11

Arteixo

691

Barrañán

26

Chamín

5

Lañas

13

Larín

25

Loureda

860

Monteagudo

55

Morás

1797

Oseiro

223

Pastoriza

2257

Sorrizo

9

Suevos

1339

TOTAL

7311

Custe retirada vertedoiros incontrolados.

Os gastos efectuados na retirada e entrega dos residuos a xestor autorizado, os cales quedan reflectidos na seguinte táboa (en euros):

ANO

2005

2006

2007

2008

2009

2010

2011

2012

2013

GASTO

4.823,28

16.213,32

24.441,20

24.999,87

34.016,77

36.983,32

14.216.64

22.479,12

24.354,47