O dividendo dixital afecta a todos os fogares galegos
A data límite deste proceso é o 1 de xaneiro de 2015
O Dividendo Dixital é o proceso polo cal débese liberar a banda de frecuencias de 800 MHz (canles 60-69, empregados ata agora para a difusión de canles de TDT), para o despregue de servizos avanzados de comunicación en móbilidade (4G) a partir do 1 de xaneiro de 2015.
Este proceso, que se desenvolve de xeito armonizado a nivel europeo fixando como data límite a referida 1 de xaneiro de 2015, regulouse en España a través do Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT e se regulan determinados aspectos para a liberación do Dividendo Dixital.
Como consecuencia, aquelas canles de TDT que empregan no momento actual frecuencias ubicadas na banda a liberar (790-862MHz) deben de reubicarse en outras frecuencias, polo que resultará preciso para manter a continuidade da recepción das canles:
- Facer as adaptacións técnicas precisas nos centros emisores por parte dos radiodifusores e operadores involucrados: emisións simultáneas ou reaxuste.
- Os cidadáns terán que resintonizar os seus receptores.
- Os cidadáns que viven en comunidades de propietarios con instalación colectiva (xeralmente edificios de 3 ou máis vivendas), previo á resintonización deberán porse en contacto cun instalador de telecomunicacións.
- Os cidadáns que reciben a través da TDT@SAT non se verán afectados.
En Galicia, o Dividendo Dixital afecta a todos os fogares xa que:
- As canles de TVE deben de ser trasladadas ás novas frecuencias en toda Galicia, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios momentos do proceso.
- As canles estatais privadas serán reubicadas en distintas frecuencias, sendo necesario resintonizar en varios momentos do proceso, e adaptar as antenas para recuperar a sintonía dalgunha delas.
Destacar a necesidade de antenizar na comarca de Vigo e Baixo Miño onde serán trasladadas a novas frecuencias.
- As canles autonómicas (TVG e V televisión) mudarán de frecuencia únicamente nas seguintes zonas:
- Norte e oeste da provincia de A Coruña (color violeta).
- Algunhas zonas do sur da provincia de Lugo e en toda a provincia de Ourense (color verde), pódese ver na imaxe.
PLAN DE COMUNICACIÓN E INFORMACIÓN AOS CIDADÁNS
O pasado 15 de outubro activouse un plan de comunicación do Goberno do Estado para informar aos cidadáns do proceso, a través de anuncios en prensa, radio e televisión, así como folletos para facilitar aos concellos.
Aínda que a data de cese das canles a liberar se establece de xeito xeral o 31 de decembro de 2014, nalgunhas zonas concretas pode variar por razóns técnicas, ou de coordinación entre distintos axentes (radiodifusores, operadores e administración públicas), todo elo supervisado e dirixido pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información.
En calquera caso, en datas próximas ao cese previsto para cada centro emisor intensificarase a comunicación a nivel local, detallando:
- Horario de cese, ou dos cortes para reaxuste, segundo aplique.
- Poboacións afectadas, canles que cesan e novas frecuencia que se activan.
- Hora a partir da cal os cidadáns poden resintonizar os receptores para adaptar a lista de canles á situación consolidada final.
OS CIDADÁNS TAMÉN PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN DE APOIO DISPOÑIBLE NA WEB http://www.televisiondigital.gob.es E INFORMARSE A TRAVÉS DOS TELÉFONOS DE ATENCIÓN AO USUARIO 901 20 10 04 e 954 30 77 96
Aos efectos de reforzar a información específica das actuacións na rede do múltiple autonómico de Galicia (no que se emiten TVG, TVG2 e V televisión), e consecuentes necesidades de adaptación de antenas e resintonización por parte dos cidadáns, os radiodifusores informarán mediante as súas propias canles (spots, programas ou banner informativos), e as súas páxinas web.
Aí mesmo, estarán disponibles os centros de soportes habituais da TDT en Galicia:
a) Oficina da TDT da Xunta de Galicia: para información xeral, coordinación e apoio a cidadáns e concellos (www.tdtgalicia.es e 981.572.154).
b) Centro de Xestión e Atención de rede de RETEGAL (CEXAR): centrada en incidencias no acceso ás canles (www.retegal.es e 901.100.424).
FASES DE DESENVOLVEMENTO DO DIVIDENDO DIXITAL
O proceso de liberación das canles planificoue en 3 fases ben diferenciadas:
• FASE 1 - RESINTONIZACIÓN:
O pasado día 26 de outubro de 2014 produciuse unha reordenación de canles que obrigou aos cidadáns que perderon a sintonía dalgunha das canles a resintonizar os seus receptores.
Este proceso non afectou ás canles autonómicas (TVG, TVG2 e V televisión), senón únicamente ás estatais e, nalgunhas zonas, puido perderse o acceso á canle Teledeporte aínda a pesar de resintonizar. Para recuperar a sintonía haberá que agardar a facer as adaptacións de antena segundo o definido na fase 2.
No gráfico (arriba) mostrase a distribución actual de canles nas distintas frecuencias (múltiples) tras a reordenación do pasado 26 de outubro de 2014, e a prevista tras a liberación do Dividendo Dixital, a partir do 1 de xaneiro de 2015.
• FASE 2 - ANTENIZACIÓN:
Se non o fixo xa, debe de solicitar á maior brevidade posible a adaptación da instalación de antena colectiva do seu edificio, xa que as actuais frecuencias polas que recibe as canles de TDT deben de ser abandonadas en data 31 de decembro de 2014.
• Aquelas personas que viven en vivendas unifamiliares ou con instalación de tipo individual non terán que facer ninguna adaptación nesta fase.
• Esta adaptación únicamente afecta ás comunidades de propietarios e edificios de 3 ou máis vivendas que conten con instalación de tipo colectiva.
Os administradores das comunidades de propietarios deberán de contactar cun instalador rexistrado para contratar as adaptacións de antena.
• Para facilitar a adaptación das antenas por parte dos usuarios:
• os radiodifusores activaron a emisión simultánea das súas canles nas novas frecuencias e máis as actuais, naquelas estacións que dan cobertura a un número significativo de instalacións de tipo colectiva.
• O Goberno estableceu un plan de axudas dotado con 290M€: para acceder ás axudas será preceptivo aportar factura dun instalador rexistrado. Poden oscilar entre 150€ e 500€ en función do alcance da adaptación.
• Resta por adaptar un número elevado de antenas en menos de 1 mes.
• FASE 3 – CESE DAS FRECUENCIAS A LIBERAR:
A data de cese definitivo das frecuencias afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o vindeiro 31 de decembro de 2014, momento a partir do cal:
A. Cesarán as emisións simultáneas habilitadas polos radiodifusores.
B. Nas restantes estacións onde non hai emisións simultáneas, estase procedendo ao reaxuste dos equipos emisores na data planificada para o cese.
C. A partir do cese das canles, todos os cidadáns deben de resintonizar e reorganizar os receptores para deixar a lista de canles adaptada á situación consolidada final.
Como consecuencia do anterior:
• Aqueles cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo colectiva (tanto con amplificación monocanle como centralita programable):
a) que adaptaron as súas instalacións de antena con anterioridade á data de cese deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.
b) que non teñan adaptadas as súas instalacións de antena deixarán de recibir as canles afectadas sen antenizar.
• Aqueles cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo individual (ou banda ancha) deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.