O Goberno local aproba a firma dun convenio coa asociación Agarimo

Agarimo exerce funcións relacionadas con colectivos específicos (menores e mozos) e, de xeito indirecto, coas familias relacionadas, cabe sinalar que se complementan servizos que polo Concello...

 

O Concello  aprobou a firma dun convenio económico polo que a asociación Agarimo recibirá 10.000 euros como axuda aos programas de formación e asesoramiento a menores que desenrola. A asociación o é responsable da xestión do Centro Residencial e Educativo “Ciudad de los Muchachos Agarimo” sito en Lugar de Laxobre, en Arteixo.

A asociación foi constituida en 1970. É unha entidade de iniciativa social sin ánimo de lucro e que ten como fins: axudar, asesorar e contribuir a solucionar os problemas de inadaptación, desarraigo, familia e integración dos menores e mocidade, baixo os aspectos sociais, educativo, económico, e xurídico, así como colaborar coas distintas administracións públicas e privadas con competencias nas materias citadas.

A asociación realiza actividades como a posta en marcha de obras asistenciais e educativas para o desenvolvemento dunha laboura social, educativa, cultural e deportiva dos menores e mozos; programación e realización de actividades sociais, educativas, culturais, deportivas, e de ocio que faciliten a recuperación dos menores e mozos, con problemas familiares, escolares e de conducta.

Agarimo exerce funcións relacionadas con colectivos específicos (menores e mozos) e, de xeito indirecto, coas familias relacionadas, cabe sinalar que se complementan servizos que polo Concello se ofertan. Deste xeito, o traballo que se realiza cos destinatarios das súas actuacións son prestacións especializadas. Ademais, é a única entidade no término municipal que ten entre os seus obxectivos a formación para a profesionalización que permita a posterior inserción sociolaboral das persoas sobre as que se actúa. O amplio número de prazas dispoñibles e a especificidade deste tipo de recursos que necesitan das autorizacións administrativas correspondentes, fundamenta, aínda máis, a idoneidade da subvención.