A Deputación aproba a proposta de organización do goberno provincial
O pleno da Deputación da Coruña aprobou o 23 de xullo a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no mandato 2019-2023.
Todos os puntos da orde da día foron aprobados por unanimidade de todos os grupos políticos, agás o PP que se abstivo no punto das delegacións de competencias do pleno na Xunta de Goberno e na designación de representantes da Deputación en distintos organismos. O deputado de Marea Atlántica, Alberto Lema, abstívose no punto 7 da Orde do Día sobre o réxime de sesións, aínda que posteriormente aclarou a súa vontade de se abster no punto 11, no que se recollen as retribucións da corporación, punto no que votou favorablemente durante a sesión.
O pleno aprobou a creación de nove comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:
1. Deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior: Antonio Leira Piñeiro (PSOE)
2. Deputada de Benestar Social e Educación: Ana Lamas Villar (PSOE) Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Educación a Sandra González Castro (PSOE)
3. Deputado de Promoción Económica e Asistencia a Municipios: José Blas García Piñeiro (PSOE). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Asistencia a Municipios a José Manuel Lage Tuñas (PSOE).
4. Deputado de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural: Xosé Regueira Varela (BNG).
5. Deputado de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras Provinciais: Don José Manuel Pequeño Castro (PSOE)
6. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística: Don Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de políticas de igualdade e normalización lingüística a Dona María del Carmen Muiño Filgueira (BNG)
7. Deputada de Deporte e Xuventude: Cristina Capelán Cancelo (PSOE). Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de xuventude a Sandra González Castro (PSOE).
8. Deputado de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento: Xosé Luis Penas Corral (BNG)
9. Deputado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible: José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
As delegacións xenéricas que se outorgan comprenden, no ámbito das áreas asignadas, a dirección, inspección e impulso de obras e servizos, así como a execución das disposición de carácter xeral e dos actos e acordos dos órganos de goberno, coidando da súa publicación e podendo recabar para tales tarefas os asesoramentos técnicos necesarios. Atribúese aos deputados delegados a facultade de asinar os protocolos e convenios relativos ás materias delegadas.
As comisións reuniranse unha vez ao mes e estarán integradas por doc deputados/as, dos cales cinco pertencerán ao Grupo Popular, catro ao Grup Provincial Socialista, un ao Grupo do BNG, un ao de Marea Atlántica e un d Alternativa dos Veciños.
O portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Rosa Gallego Neira (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE e portavoz do Goberno provincial), María del Carmen Muíño Filgueira (BNG), Alberto Lema Suárez (Marea Atlántica) e Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños)
A Xunta de Goberno da Deputación reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e estará integrada polo presidente, Valentín González Formoso (PSOE) e os dez deputados seguintes: Xosé Regueira Varela (vicepresidente.BNG), Cristina Capelán Cancelo (PSOE), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), José Blas García Piñeiro (PSOE), Ana Lamas Villar (PSOE), Antonio Leira Piñeiro (PSOE), José Manuel Pequeño Castro (PSOE), José Ramón Rioboo Castro (PSOE), Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG), Xosé Luis Penas Corral (BNG).
Réxime de retribucións e indemnizacións
O réxime retributivo da corporación recupera os niveis de 2011. O presidente terá unhas retribucións anuais brutas de 71.523,20 €, mentres que as do vicepresidente serán de 63.000 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas terán unhas retribucións de 60.426,57 euros brutos ao ano, mentres que as medias dedicacións supoñen 30.213,28 € anuais.
O pleno aprobou 15 dedicacións exclusivas e 2 parciais por un importe total de 980.495,17 euros anuais.
As indemnizacións por asistencia a pleno serán de 591 euros, mentres que as das comisións informativas e Xunta de Goberno serán de 370 euros. Cando coincida no mesmo día máis dunha sesión dos órganos colexiados terán dereito a percibir unha soa asistencia. O pleno da Deputación aprobou tamén un total de 27 postos de persoal eventual.