Os Veciños de Arteixo Recordan o Nacemento de Manuel Murguía en Oseiro
Dentro do proxecto do concello de Arteixo "Banco dos Recordos", veciños de Oseiro contan os seus recordos sobre o nacemento de Manuel Murguía en Oseiro en 1833 con motivo do Día das Letras Galegas. A páxina web do concello de Arteixo ten desde finais do ano pasado un apartado que pretende, a través das reportaxes elaboradas pola xornalista Maica Rodríguez, enriquecer a historia e o patrimonio locais coa participación activa dos veciños. Os vídeos, que se atopan nun lugar destacado da páxina web, ofrecen entrevistas nas que a veciñanza conta as súas vivencias e lembranzas do Arteixo de antano.
Envíamos o enlace dos recordos do nacemento de Manuel Murguía,que, según contan os protagonistas, acabou nacendo en Oseiro debido a que a súa familia pasaba por aí de camiño a romería de Pastoriza. A casa onde naceu acabou en risco de ruina fai máis de corenta anos e a finais da década dos setenta foi demolida.
O banco dos recordos ofrece outros vídeos como do vello Entroido arteixán, romarías como as de Pastoriza e todo tipo de recordos do concello de Arteixo.
O enlace do vídeo sobre os recordos do nacemento de Manuel Murguñía: https://www.dropbox.com/s/hilwit3ivtwwh2i/MANUEL%20MURGIA.mp4?dl=0