O 1 de outubro comeza o "Outono Cultural" en Arteixo

Cartel promocional de Outono Cultural Arteixo 2021
Colaboran co Outono Cultural 2021 a Rede Cultural da Deputación da Coruña, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede de Dinamización Lingüística da Xunta

Teatro, música, danza, exposicións e un largo etcétera desde outubro ata decembro no "Outono Cultural 2021

A Concellaría de Cultura de concello de Arteixo presenta a 21 edición do "Outono Cultural". A proposta 2021 achegará durante os meses de outubro, novembro e decembro á distintas disciplinas artísticas. Falamos de teatro, música, danza, cinema, maxia e exposicións. Un total de vinte actuacións e catro exposicións daranse cita no Centro Cívico Cultural de Arteixo. Colaboran na iniciativa a Rede Cultural da Deputación da Coruña, da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

En cartel haberá grandes espectáculos teatrais de compañías fortemente consagradas na escena galega, como son:

  • Excéntricas
  • Contraproducións
  • Elefante Elegante
  • O Centro Dramático Galego
  • Sarabela Teatro: gran triunfadora nos Premios María Casares deste ano, con 4 galardóns, entre eles ao mellor espectáculo por "A lingua das bolboretas".
  • Ainé Producións: presenta "Fariña". Tito Asorey dirixe a adaptación teatral do ensaio de Nacho Carretero, protagonizada por Xosé A. Touriñán, César Goldi, Marta Lado, Graciela Carlos e Sergio Zearreta

Música, maxia, teatro...

Na parte musical poderemos desfrutar de dúas das principais voces do panorama musical galego, cunha recoñecida traxectoria musical internacional: a arteixá Fransy González e Davide Salvado acompañados de Cibrán Seixo. Voz, pandeireta, pandeiro e violín son os ingredientes principais desta proposta conxunta.

A maxia estará representada pola experiencia do Mago Teto. Un artista habitual na televisión desde os seus comezos, que goza de gran popularidade. Tamén, pola xuventude e frescura do Mago David Maestro, máis coñecido polas súas aparicións televisivas en: Quen anda aí? (TVG), Got Talent España (TELECINCO), Hora Punta e Pura Magia (TVE).

O talento local tamén ten cabida nesta programación. A Escola de Teatro Melandrainas representará dúas obras a través dos seus grupos teatrais ES3HA2 e Pasapadentro. Fará o mesmo a Asociación Cultural Faíscas coa comedia "Operación coroa: un golpe moi real". O baile e a música tradicional tamén estarán presentes cun pasacalles o sábado 16 de outubro a cargo da Asociación Xuvenil Xiradela. Ademáis, organizará o 28 de novembro o XXI Concurso de Música Tradicional no Auditorio de Arteixo.

Consulta toda a programación aquí: https://arteixo.org/wp-content/uploads/2021/09/Outono-Cultural.pdf

Importante: venta de entrada só na billetería do Auditorio de Arteixo

Arteixo non dispón de sistema de taquilla informatizado, nin acordo ningún con ningunha plataforma de venda online (tipo Ataquilla.com ou Ticketea.com). O sistema de venda de entradas é presencial e non se admiten reservas. O horario é de 11:30 a 13:30 horas ó 2 horas antes de cada acto na Billeteira do CCC de Arteixo. Sólo venderase até completar a capacidade da sala que as autoridades sanitarias permitan. O númerto máximo de entradas limitarase a 5 por persoa. O dereito á redución deberá acreditarse documentalmente (Ordenanza Fiscal Nº 34).