Reformas en Razo para o ocio, deporte e tempo libre
O Goberno local en Razo renova por completo a pasarela de madeira.
O Goberno local de Carballo renova por completo a pasarela de madeira que se estende ao longo de 600 metros polo borde litoral de Razo.
Ademais o parque infantil será sometido a unha reforma integral nos vindeiros meses. Pero xa é unha realidade a pasarela de madeira.
Por este motivo, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, achegouse ata Razo coincidindo coa fase final dos traballos de substitución da pasarela e das ramplas de madeira do paseo da praia. As obras foron adxudicadas en xullo á empresa Jardinería Arce por 164.064,57 euros e comezaron en setembro, ao remate da temporada de praias.
Ao longo destes catro meses foron renovados por completo, con madeira de piñeiro tratada, os máis de 600 metros de lonxitude da pasarela. A actuación incluíu tamén as ramplas de acceso á vía pública.
Tamén, dentro do proxecto, se levou a cabo o traslado das columnas de alumeado público e doutros elementos que invadían a zona de paseo, ademais da ampliación dos cubre-contedores.
A pasarela de madeira da praia de Razo foi construída entre os anos 2003 e 2005. Nos vindeiros meses tamén está previsto acometer a reforma integral do parque infantil, que conta xa con consignación orzamentaria, e na que se van a investir 146.125,14 euros.