Patricia Boedo renuncia á súa acta de concelleira
Presentará oficialmente a súa renuncia esta semana pero continuará como vicesecretaria xeral dos socialistas arteixáns.
Patricia Boedo renuncia, por motivos personais, á súa acta de concelleira da corporación municipal de Arteixo.
Neste sentido, a voceira municipal, ven de comunicar nunha carta a militancia socialista a súa decisión de renunciar á acta de concelleira na corporación municipal.
Boedo explica que é unha decisión moi meditada ”e que certamente me costou tomar”, pero motivos persoais fan que neste momento sexa a única decisión posible, aínda que tamén indica que é “un paso atrás dos que se dan para recuperarse e coller impulso” porque seguirá “comprometida co proxecto socialista e con Arteixo” e seguirá participando da vida orgánica do partido dende a Executiva Local do PSOE local, da que é Vicesecretaria Xeral.
Recordar que Patricia Boedo é concelleira desde as eleccións do 2019 nas que formaba parte da lista do candidato á alcaldía, Martín Seco, e voceira do grupo municipal socialista no concello de Arteixo desde maio de 2022. En 2023 foi a candidata dos socialistas arteixáns nas eleccións municipais. Tamén e vicesecretaria xeral da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo e membro do Comité Provincial do PSOE da Coruña e do Comité Nacional do PSdeG